Arquivos mensuais: Maio 2011
Ourense: conferencia Cunqueiro, narrador, de Dolores Vilavedra
O luns 2 de maio, a partir das 20:15 h., na Aula de Cultura do Liceo de Ourense, comeza o IX Ciclo de Conferencias Visións de Galicia, organizada pola Sección de Literatura desa entidade, con Cunqueiro narrador, a cargo de Dolores Vilavedra. Deixamos aquí este .pdf coa programación completa: Ciclo Visións de Galicia Liceo de Ourense.
Publicado o Dicionario Lois Pereiro, de María Xesús Nogueira
O Sinbad de Cunqueiro terá versión en cine no seu centenario
Santiago: presentación de Aníbal Otero, de Xesús Alonso Montero
O luns 2 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase o libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Antón Santamarina e Manuel Bragado.
IV Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa de Cen Follas
Aquí deixamos as bases para a súa descarga. O prazo para a presentación de orixinais remata o 17 de maio de 2011.
Premios AELG 2011
Estes son
os gañadores/as dos Premios AELG 2011, fallados na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que premian as mellores obras editadas en 2010 nas modalidades de:
Alén destas categorías, entregáronse outros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:
Recollido en Xornal, Galicia Hoxe, Faro de Vigo, La Opinión, A Nosa Terra, Xerais, Cultura Galega e Fervenzas Literarias.