Crónica videográfica da II Gala do Libro Galego (I)

A II Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 20 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe esta intervención:

Discurso da presidencia da Asociación Galega de Editoras en nome das entidades convocantes: Xosé Ballesteros:

Daniel Asorey: “É da carraxe de onde as comunidades tiran parte do seu futuro e da súa liberdade”

Entrevista a Daniel Asorey en Lecturafilia:
“(…) – Lecturafilia (L): Nordeste é a túa estrea literaria, que supón para ti este fito?
– Daniel Asorey (DA): É a miña estrea coma novelista, é certo, aínda que xa publicara relato curto en distintas revistas e nalgunha publicación colectiva. Nordeste supuxo principalmente darme a coñecer ao público e á crítica, pola repercusión que o Premio Repsol ten no sistema literario galego. Por suposto, para min é un orgullo compartires o que soñas con outra xente e recibir tanto agarimo e tantos azos. Agora, coa nominación ao Premio San Clemente deste ano, un premio fermoso, porque o xurado son as mozas e os mozos de varios institutos, ese agarimo, ese orgullo e eses azos aumentan. Daquela, só teño gratitude para as lectoras e os lectores.
– L: Como xorde a inspiración para crear este Nordeste?
– DA: A inspiración é, en boa parte, o mesmo Nordeste brasileiro, terra que amo e que coñezo. Hai agora dez anos, na primeira viaxe que fixen a esas terras, nunha exposición no Centro Cultural do Dragão do Mar, na cidade de Fortaleza, vin a foto das cabezas decapitadas dos canganceiros e cangaceiras, que dá inicio a toda a historia e que aparece ao comezo do libro. Estiven moito tempo remoendo nela, angustiado, e sabía que había escribir algo con aquilo. Por suposto, detrás todos temos lecturas e eu non podo deixar de nomear os inmensos escritores nordestinos Graciliano Ramos, co seu Vidas secas, ou Rachel de Queiroz, co seu O quinze.
– L: O Nordeste aparece en toda esta novela como un sentimento e unha sensación na que se une Galicia cunha parte do Brasil. Podes explicarnos que quixeches conseguir con esta novela, merecedora do Premio Narrativa Breve Repsol 2016?
– DA: Quixen denunciar as realidades subalternas que existen e tentei amosar os abusos que comete o poder, tanto económico como político, para manter o statu quo. De aí que apareza Galiza, pero, desta volta, con voz propia, convertida nunha República, dona dun destino que nos roubaron hai xa quiñentos anos. Mais procurei advertir que o poder económico do capitalismo sempre asexa, polo que nunca hai realidades idílicas. Ademais, se quería denunciar opresión, tiña claro que habían ser as mulleres as que a protagonizasen a historia, porque son ese 50% da poboación silenciado e maltratado. Por último, dentro deses mundos enmudecidos estaría o Nordeste brasileiro. Este é un territorio depauperado e esquecido historicamente por todos os gobernos centrais do Brasil, ata que isto mudou coa chegada do presidente Lula e as súas políticas de xustiza social, que, como era previsto, se están a desfacer tras o golpe de estado perpetrado o ano pasado contra a presidenta Dilma. O cangaço, que aparece na novela, é o berro das desposuídas e dos desposuídos nordestinos aos que lles foi tirada a voz. (…)”

Tres alumnas do CEIP Alcalde Xosé Pichel entrevistan a Carlos Negro e María Solar

Desde Xerais:
“No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos NegroMaría Solar despois de ler Penúltimas tendenciasMasculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas:
Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.
O audio da entrevista radiofónica pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.”

Santiago Logo, Manuel Lourenzo González e María Canosa gañan os premios Xerais

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Santiago Logo, Manuel Lourenzo González e María Canosa gañan os premios Xerais. Pode accederse ás entrevistas aquí.”

Redondela: acto destacado na Feira do Libro para o xoves 8

O xoves 8 de xuño comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, co seguinte acto literario destacado para este día:

19:30 h. Inauguración da Feira, diante do Concello. Pregón a cargo de Ledicia Costas.