Arquivos mensuais: Xaneiro 2019
Marín: presentación de Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo
Compostela: conferencia de María Xesús Lama, Rosalía de Castro: en busca da biografía perdida
A Asociación Galega de Editoras alerta da baixísima porcentaxe de lectura en galego
Desde a Asociación Galega de Editoras:
“Os datos coñecidos esta semana do “Barómetro de Hábitos de Lectura y Compra de Libros 2018” da Federación de Gremios de Editores de España revelan un lixeiro incremento xeral, en todo o Estado, das persoas lectoras, pero poñen de manifesto, a un tempo, a delicadísima situación da lectura en galego no noso país.
Para a AGE, que medre o número de lectores e, sobre todo, lectoras, en todo o Estado é unha boa nova, pero a situación en Galicia segue a ser moi preocupante. Non só por seguirmos na zona baixa da estatística a nivel estatal, senón sobre todo por ese ínfimo 4% de persoas que afirma escoller libremente o galego como lingua de lectura.
Demandamos, unha vez máis, políticas efectivas, reais e transversais de fomento da lectura en galego. A nosa lingua é un patrimonio único que debe ser preservado e potenciado de maneira decidida. Conéctanos co mundo, porque nos fai singulares e vivos, e debe ser prestixiada.”
A Coruña: palestra “Grafos escritos de Rosalía”, por Diego Rodríguez González
A Coruña: recital poético arredor da exposición O fotógrafo, de Emma Pedreira
O 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16), na Coruña, terá lugar un recital poético de Emma Pedreira arredor da exposición O fotógrafo, trece collages e oito poemas da autora, que conforman o material expositivo do álbum familiar cifrado no que se exhibe a parte máis cruenta e silenciada da nosa historia.