Manuel Rivas: “Non podes traballar coas palabras e ser insensible ao que pasa”

Entrevista a Manuel Rivas no Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos co escritor Manuel Rivas, galardoado co Premio Nacional das Letras 2024 que concede o Ministerio de Cultura. A profesora Dolores Vilavedra e Manuel Bragado achegan a súa valoración sobre a traxectoria literaria de Rivas. A entrevista pode escoitarse aquí.”

“Os paseos por cemiterios de Emma Pedreira”

Entrevista a Emma Pedreira na Radio Galega:
“Conversamos con Emma Pedreira sobre o seu último libro, As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos. O volume reúne paseos por uns 200 camposantos do país en compañía de escritoras, enterradores, historiadoras ou arquiveiros para recoller a memoria social, artística, histórica ou antropolóxica ligada aos camposantos. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Crónica videográfica da XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral 2024 (2)


A XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Daquelas que cantan é unha iniciativa da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, tivo lugar o 19 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:

As que cantan, as que contan, as que calan: intrahistoria das subalternas, con Olga Novo:

As de Mens. A oralidade invisíbel tornando a visíbel, con Beatriz Busto Miramontes:

Mesa redonda Axudaime compañeiras. As transmisoras da memoria inmaterial, con Eva Teixeiro, Olga Novo e Beatriz Busto Miramontes:

Entrevista extensa a Xosé Carlos López Bernárdez

Xa está dispoñíbel na Videoteca da web da AELG a entrevista extensa a Xosé Carlos López Bernárdez. Pode verse tamén aquí: