Arquivos mensuais: Abril 2025
A Coruña: Unha viaxe polo Eo-Navia e a súa galeguidade, palestra de Manuel Miragaia
O 11 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Santo André, 36, 1º), terá lugar a palestra Unha viaxe polo Eo-Navia e a súa galeguidade, impartida por Manuel Miragaia, que será presentado por Xoán Antón Pérez Lema. Durante o acto proxectaranse fotografías e mapas do Eo-Navia. As persoas interesadas poden inscribirse previamente aquí.
Vigo: charla-coloquio e presentación de Arredor de Castelao no século XXI, con Pilar García Negro
Vigo: presentación de As aventuras de Joe e Fonte. Joe e Fonte múdanse a Mondariz-Balneario, de Aurora Corbacho
Compostela: inauguración da exposición Cantareiras no Museo do Pobo Galego
Vimianzo: presentación de Cantareiras, de Icía Varela e Xosé Manuel Varela
María Xosé Porteiro: “Hai unha regresión do feminismo polos ataques do patricarcado, tralo 2018 asustamos”
Entrevista de María Solar a María Xosé Porteiro no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“(…) “Non podo crer que aínda teña que levar esta maldita pancarta”. Iso dicía unha manifestante da marcha das mulleres de Toronto no 2017. Onte mesmo, as mulleres volvemos levar a pancarta, e así cada ano. As benfaladas é un ensaio de María Xosé Porteiro que reflexiona sobre a voz das mulleres, analiza a súa presenza e dá alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa. O pasado ano os talibáns prohibiron a voz das mulleres nos espazos públicos. Falar, cantar, ler, recitar. Unha lei condenada pola ONU, pero que se puxo en marcha. Foi o detonante para que María Xosé Porteiro comezara a escribir este ensaio, que, en realidade, leva toda a vida escribindo. A entrevista pode verse aquí.”
Vídeo da presentación na Coruña arredor de Sacho de seda: Unha microhistoria sentimental, de Abraham Pérez
Noelia Gómez: “Quixen poetizar o desenfoque e buscar o sublime dentro da dor”
Entrevista de Pilar G. Rego a Noelia Gómez no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Alguén agarra as miñas mans e pronuncia o frío /
di que pense en algo fermoso/
imaxino a escrita
este é o inicio
Son estes versos de Desenfoque, o último poemario de Noelia Gómez editado por Apiario. Un libro onde as fracturas e a memoria son xeitos de nomear a perda. Porque Noelia Gómez toma a man da cirurxiá e atravesa o proceso da escrita. A entrevista pode verse aquí.”