
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: presentación de A novela do Bravú, de Xurxo Souto
A Coruña: recital de Lupe Gómez e Wole Soyinka no Ciclo Poetas Di(n)versos
Vigo: charla-coloquio arredor de Non creo en máis vida ca esta, de J. Benito Fernández
Lugo: presentación de A lei do mar, de Manuel Esteban, o 24 de xaneiro ás 12 h.
Ourense: presentación de A novela do Bravú, de Xurxo Souto
Bonxe, Outeiro de Rei: presentación de Formas, figuras e sombras na Terra Chá, de Mero Iglesias
Vigo: Os oficios do libro, Xosé María Álvarez Cáccamo
Xerardo Quintiá e Xesús Fraga presentan ‘Tempo de correspondencia’: “Introspección é unha das palabras que definen as nosas cartas”
Entrevista de Sergio Casal a Xerardo Quintiá en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Como naceu esta obra epistolar: máis do azar ou da necesidade de comunicarse entre vostedes?
– Xerardo Quintiá (XQ): A verdade é que poden confluír estas dúas perspectivas. Primeiro foi algo totalmente azaroso, no sentido de que xurdiu dun correo electrónico que Xesús me envía a min e que eu, de forma azarosa, lle devolvo cunha resposta un pouco máis longa do que é habitual hoxe en día.
A partir de aí, propóñolle estabelecer unha correspondencia e despois a verdade é que foi fluíndo todo dunha maneira moi natural. Pouco a pouco foise dando tamén esa necesidade de escribir e ler o que nos escribira o outro.
– ND: Que é o que ofrece este formato epistolar á hora de crear a obra?
– XQ: Desde o meu punto de vista, este formato ofreceume a posibilidade de poder achegarme con toda a naturalidade do mundo a un ton confesional. Isto pasaba porque sabía que ao outro lado desa escrita que facía había unha persoa que ía ler o que enviaba e que ía interactuar co meu texto. (…)”










