“Na
sesión ordinaria do Consello Municipal de Cultura do día dezaoito de abril de 2018 fallou o resultado do Concurso Literario Xaime Illa Couto 2018 sendo os gañadores nas diferentes categorías os seguintes.
– Grupo A: de 6 a 8 anos*.
Poesía A-1 Carolina Miguéns Pérez
Relato A-1 Silvia Villaverde Alonso
– Grupo B: de 9 a 11 anos*.
Poesía B-7 Jessica Hespanha Baldasso
Relato B-10 Ainhoa Blanco Tarrio
-Grupo C: de 12 a 13 anos*.
Poesía C-1 Hatim Ajab Aboufaris
Relato C-1 deserto
-Grupo D: de 14 a 15 anos.*
Poesía D-1 deserto
Relato D-1 deserto
-Grupo E : de 16 a 18 anos.*
Poesía E-1 deserto
Relato E- 1 deserto
-Grupo F: de 18 anos* en diante.
Poesía F-34 Darío Barro López
Relato F-37 Antía Yáñez Rodríguez
A entrega de premios terá lugar na Casa de Cultura Xaime Illa de Raxó o mércores, día 17 de maio de 2018.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: visita á Biblioteca de Estudos Locais, organizada pola A. C. Alexandre Bóveda
O
próximo xoves 26 de abril, ás 18:30 horas, terá lugar unha visita á Biblioteca de Estudos Locais, que atesoura multitude de materiais referidos á cidade é a Galiza, programas de man de veladas literarias, bandos, programas de festas…
Se queres participar tan só tes que inscribirte a través do formulario da web da A. C. Alexandre Bóveda. O punto de encontro para o inicio da visita será na rúa Durán Loriga, 10, na entrada da biblioteca.
A Coruña: recital de Darío Xohán Cabana e Aurélia Lassaque no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 23 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Darío Xohán Cabana e Aurélia Lassaque. Máis información aquí: Folletos Poetas Di(n)versos abril 2018.
Outes: conversa arredor de Raízes de Pessoa na Galiza, de Carlos Quiroga e Quico Cadaval
Gondomar: XI Semana do Libro e a Lectura Dar que ler coma quen dá de beber
A Coruña: contacontos sobre Xandra, a landra que quería voar, con Mercedes Queixas
Bases do XXV Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey
Ribeira: presentación de Un home estraño, de Antonio Tizón
O
venres 20 de abril, ás 20:30 horas, na Casa do Concello de Ribeira, terá lugar a presentación da novela Un home estraño, de Antonio Tizón, publicado por Xerais. A obra foi a gañadora do VI Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
Ferrol: actos destacados do sábado 21 e domingo 22 na Feira do Libro
O
sábado 21 e domingo 22 de abril continúa a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:00 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Sábado 21
– 12:00 h. A ilustradora María Brenn asina exemplares de Soños de nenos, publicado por Embora.
– 18:00 h. Obradoiro de ilustración Debuxando contos, con María Lires.
– 20:00 h. Presentación do álbum ilustrado Lúa, de Pepablo Patinho, publicado por Embora.
Domingo 22
– 12:00 h. Siro López asina exemplares da súa antoloxía Siro, na caseta de Central Librera.
– 12:00 h. Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas asinan exemplares de Poemas con Canela, na caseta de Edicións Embora.
Fran Alonso foi nomeado Director de Xerais
Desde
Xerais:
“O Grupo Anaya decidiu nomear con data de hoxe a Fran Alonso Director Editorial de Edicións Xerais de Galicia. Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria profesional no ámbito do xornalismo e pertence ao cadro de persoal de Xerais desde 1992, onde desempeñou diferentes funcións no ámbito editorial. É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, e Máster en Promoción da Lectura e Literatura Infantil (2001-2003) pola UCLM. Desde 2001 viña exercendo como Subdirector para a Edición Xeral en Xerais, ocupándose principalmente da edición literaria. Entre 2006 e 2010, ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editoras e na actualidade pertence á súa Xunta Directiva. Tamén foi un dos membro fundadores da asociación Espazo Lectura en 2008.”




