Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: presentación de Poesía mínima, de Helena Villar Janeiro
Suso de Toro volve con Fóra de si
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Tardou oito anos en volver, volve ‘fóra de si’, ou mellor dito con Fóra de si, a súa nova novela e ritmo de bossanova, con ‘Águas de março’ de Tom Jobim, precisamente. Todo moi preciso, rodeado de voces e personaxes que compoñen esta historia. Un día dixo no Zigzag que o deixaba, hoxe está de volta. Suso de Toro. A entrevista pode verse aquí.”
Carballo: presentación-contacontos de Xandra, a landra que quería voar, de Mercedes Queixas
Vigo: Club de Lectura Lendo Contigo arredor de Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro
Desde
Xerais:
“Este pasado sábado, o escritor Antonio García Teijeiro desprazouse ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, para participar na sesión do Club de Lectura Lendo Contigo que Espazo Lectura organizou arredor do libro Poemar o mar, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. (…)”
Compostela: presentación de Tres estudos para un poema da cidade, de Antón Blanco Casás
Faleceu Carlos García Martínez
Segundo
vén de comunicar o Museo do Pobo Galego ás persoas e entidades asociadas, faleceu o Director desta institución e Socio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Carlos García Martínez, o 17 de marzo de 2018. A AELG lamenta fondamente a súa perda.
A capela ardente estivo aberta o domingo 18 de marzo pola tarde, e o luns, día 19 de marzo, desde as 10:00 até as 16:00, momento en que partirá o cortexo fúnebre cara ao cemiterio de Santa María de Figueiras.
Compostela: presentación de Doce cartas a María Victoria Moreno, de Ánxela Gracián
Entrevista a Uxía Casal arredor de Saturno tamén é deus
Desde
Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Uxía Casal acompáñanos en conversa cun libro de relatos reeditado e ampliado vinte anos despois: Saturno tamén é deus. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Carlos López Bernárdez: Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Xosé Carlos López Bernárdez presenta o volume Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega, que publica Laiovento. Pode escoitarse a entrevista aquí.”




