Monforte: acto destacado da Feira do Libro para o sábado 27

OFeira do Libro de Monforte 2016 sábado 27 de agosto finaliza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:

– 20:00 h. Xosé Lois García asina exemplares da súa obra na caseta da Secretaría.

Muxía: performance-presentación de Catálago

ORosalía Fernández Rial 2013 venresPaco Souto 2015 Distrito Xermar 26 de agosto, ás 22:30 horas, na Praza do Cabo da Vila, en Muxía, terá lugar unha performance-presentación de Catálago, obra que conta coa participación literaria de Rosalía Fernández Rial e Paco Souto e as artes plásticas de Chiña e Mon Lendoiro.

Miguel Anxo Fernández: “A novela policial ten que ser entretemento e reflexión”

EntrevistaMiguel Anxo Fernández a Miguel Anxo Fernández en La Voz de Galicia:
“O intrépido detective creado por Miguel Anxo Fernández no ano 2002 con Un nicho para Marilyn, volve ás andadas. Nesta ocasión, o personaxe regresa da costa oeste dos Estados Unidos onde vive, para resolver un caso nada menos que en Lalín. A trama comeza cun detalle certamente autobiográfico: «estaba eu na Festa do Cocido de Lalín cando comín un chourizo que contiña un óso, entón pensei que podería ser a metade dun dente humano». Así naceu a idea inicial que dá nome á nova entrega desta saga policial, Un dente sen cadáver.
Frank Soutelo amosa as raíces galegas en de todas as entregas. Nesta ocasión, a súa relación concreta coa vila mariñeira onde se presentará mañá o libro é múltiple. «Como en toda a serie, mantense a relación con Beni, quen rexenta un restaurante na costa de Santa Mónica. Alí a relación có home galego é directa, porque Frank frecuenta esa taberna, e aquí o personaxe de Beni segue presente, primeiro pola familia deste en San Tomé, en Cambados, e logo coa presenza dunha tía en Muros, onde Frank vai cando viaxa a Galicia para levarlle as receitas ao seu amigo». (…)
A actualidade volve ás páxinas desta serie de misterio. A explotación da muller, a inmigración e a especulación son algunhas das cuestións que se incorporan á vida do detective. «Para min a novela policial ten que ser entretemento, parto desa base, pero tamén ten que invitar á reflexión», aclara o autor, antes de adiantar a modo de spoiler algunhas das encrucilladas nas que Soutelo se somerxe nesta ocasión. «Por desgraza os trazos de actualidade que introduzo nesta novela ocorren en medio mundo, así que Galicia é perfectamente fonte de inspiración destes feitos».”

Monforte: acto destacado da Feira do Libro para o venres 26

OFeira do Libro de Monforte 2016 venres 26 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:

– 21:00 h. Presentación de Querido Eduardo. Cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor, publicado por Chan da Pólvora. Participa no acto Manuel Veiga.

Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas, premiados no XLII Certame Literario de Vilalba

DesdeMaría Xosé Lamas 2014 Terra Chá.xa:
“Os poemarios Telúrica e Sonetos preposicionais -presentado baixo o lema “Un anaco de vida en catorce versos”- obteñen o primeiro e o segundo premio do XLII Certame Literario de Vilalba.
Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas resultaron ser os autores de cada obra, respectivamente, polas que obterán 3.000 e 1.000 euros; ademais de flor natural e diploma.
O xurado da XLII edición do Certame Literario convocado polo Excmo. Concello de Vilalba e integrado por José Antonio Pita Paz, concelleiro de Cultura actuando como presidente; Darío Villanueva, presidente da RAE; María Carmen Gueimunde, Xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en Lugo; Fidel Fernán Vello, Director do Grupo de Radio Principal; e Xulio Xiz, xornalista que actúa como secretario; daba a coñecer o fallo este luns 22 de agosto trala súa reunión na Casa da Cultura.”

A Antígona de María Xosé Queizán, III parte: O incesto como expresión política da igualdade: o impulso de Elvira, por Rosa Enríquez

ArtigoRosa Enríquez por Eduardo Castro Bal de Rosa Enríquez na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“Entremos xa de cheo na Antígona da dramaturga viguesa. Vexamos como reflicte esas relacións de poder que Elvira intenta subverter, transgredindo as normas do parentesco, da política e tamén da linguaxe. Podemos comezar por Ismene/Aldena, bastante menos interesante que Antígona/Elvira, pero necesaria para dar conta do contraste entre a muller submisa, cómplice do poder masculino, fronte a muller en guerra que representa Antígona/Elvira, co seu carácter irritábel, ardorosa, eroticamente libre, que se expón para situarse nun lugar diferente e asume as consecuencias.
A Ismene, que, na adaptación de Queizán recibe o nome de Aldena, permite ver polo tanto o peso abrumador do deber, que ela asume na súa condición de doente, pasiva e conciliadora. Dobremente dominada, Ismene/Aldena séntese na obriga de compracer ao Estado ­Creonte/Conde Don Oveco -e á familia ­Antígona/Elvira, Polinices/Fruela­, así é que sofre e permanece no ámbito que se considera propio das mulleres, un espazo fechado, que ralentiza o tempo e a expresividade. Nas sombras só é posíbel o pranto, a recepción da dor e a consecuente aceptación da mesma.
Poderiamos entón ver a Aldena/Ismene como unha santa, alguén que nace para compracer, porque, se os homes son seres para a morte, en palabras de Heidegger, nós, as mulleres, somos seres para suavizar a dura existencia do outro. Isto é así na medida en que a finitude constitúe un drama masculino que dispensa certa “auctoritas”. A convivencia consciente con esa dor inevitábel fai aos homes sabios, ademais de os inducir ao heroísmo, bélico normalmente. A posibilidade de devir heroe provoca o desexo e sempre que o desexo acontece o impulso vital aparece. A historia da literatura ofrece probas evidentes de que ese desexo existe. É máis, creo que esa presenza constante da guerra na literatura, cos seus espazos de realización, exclusivamente masculinos, revelan a construción e reconstrución do imaxinario patriarcal, que, dalgunha maneira pode levarnos a interpretar ese afán de gloria como algo que unicamente pertence aos homes. Sendo isto así, só eles poden glorificarse, como Eteocles, ou caer en desgraza, como Fruela/Polinices. Da utilidade da guerra, do impulso vital que suscita fala Roi, o fillo de Oveco, no I Acto, na cuarta escena da obra de Queizán, cando afirma que serve para “xustificar a razón”, porque “A guerra é o pai de todas as cousas. Pon a todos no seu lugar: uns, arriba e outros, abaixo como debe ser” (…)”.

Monforte: acto destacado da Feira do Libro no xoves 25

OFeira do Libro de Monforte 2016 xoves 25 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:

– 21:00 h. Presentación de A oseira, de Antón Blanco, publicado por Chan da Pólvora. Participan, xunto ao autor, Olga Novo e Afonso Traficante.

Monforte: actos destacados da Feira do Libro no mércores 24

OFeira do Libro de Monforte 2016 mércores 24 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo de Antón Lopo, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.
– 20:00 h. Xabier Quiroga asina na caseta da Secretaría.
– 20:00 h. Estefanía Padullés asina exemplares de A canción do sol, publicado por Hércules de Edicións, na caseta da Libraría Agrasar.
– 20:30 h. Presentación de O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal, publicado por Xerais. Con Ramón Caride.