Entrevista
de Carlos Loureiro a Vítor Vaqueiro en Noticieiro Galego:
“(…) – Noticieiro Galego (NG): Falarmos da poesía galega dos anos 70-80 é falarmos dunha das súas etapas cume e ademais dunha clara transición poética que ía da man dos cambios sociais. Que lembras daquel movemento poético que tanto supuxo para a nosa lírica contemporánea?
– Vítor Vaqueiro (VV): Em realidade eu sempre fui uma pessoa com pendor a me isolar de movimentos e grupos literários, o qual não quer dizer, como bem sabem as pessoas que me conhecem, que militasse no individualismo ou na insolidariedade. As minhas amizades sempre estiveram condicionadas pola relação pessoal e não pola questão da escrita, ainda que teria de sinalar que a literatura me deu excelentes, embora escassas, amizades que sigo a conservar no dia de hoje. Provavelmente o que lembro com maior claridade, do ponto de vista pessoal, foi a posta em marcha da AELG, o I Congresso de Poio no ano 1981 e os começos da revista Escrita —junto com Afonso Pexegueiro, Alberto Avendaño, Margarita Ledo e Pepe Cáccamo— a qual, infelizmente, faleceu ao cabo de dous anos por falta de generosidade, de visão cultural e de perspectiva de futuro e de cujo falecimento todas as pessoas que protagonizamos o seu nascimento somos, em diferentes proporções, culpáveis.
– NG: Erades conscientes que estabades a crear un novo elo na nosa lírica cara unha clara renovación e universalización?
– VV: Não é fácil essa resposta, porque me estás a perguntar por ocorrências de há quase quarenta anos. Ora, há uma questão que compre considerarmos: não gostávamos do panorama da poesia galega, com forte pegada de social realismo. Deixa-me que pense na gente da minha idade, concretamente em algumas pessoas, cuja amizade se remonta décadas atrás e que vivêramos os acontecimentos do 68 em Compostela: vou escolher um par delas: Xabier Paz e Pepe Cáccamo; em certa maneira, também dum excelente leitor de poesia que, porém, nunca chegou a publicar livro nenhum, Xulio Taboada. Há que considerar que líamos a Vallejo, a Eliot, a Ory, a Cesaire, a Quasimodo, a Valente, a Pound ou a Ferlinghetti e, como compreenderás, o que estava a ocorrer na poesia galega, com uma legião de imitadores de Celso Emilio, resultava um pouco alheio a nós. O qual não quer dizer desprezo polo que outras pessoas faziam, mas constatar um diferente ponto de vista estético. Mesmo essa pegada de social-realismo é mui presente no meu primeiro livro, Lideiras entre a paisaxe, o qual implica que não era fácil desprender-se da pressão ambiental, por muito que desejássemos fugir dela. (…)
– NG: No 2004 a túa obra poética foi recolleitada por “Espiral Maior” so o título Traxectorias. Obra poética (1977-2002). Sentiches que esta recompilación xa era algo máis ca unha simple obra? Un recoñecemento e unha mostra para futuras xeracións?
– VV: Quando a um se lhe oferece a possibilidade de publicar toda a obra produzida até um determinado momento, pensa-se, inevitavelmente, em termos de balanço, de feche de um ciclo. Traxectorias era o resumo de 25 anos de atividade poética, ainda que não continuada. Era também a possibilidade de dar a conhecer dous livros, um deles inconcluso, A fenda no horizonte, e outro o que era uma primeira entrega dum projeto ainda em percurso: Teoria do coñecemento, que formulava, e segue a formular, uma proposta que eu já tratara, como é a questão de um livro de poemas em prosa —se calhar em falsa prosa—. E é, finalmente, a constatação de que, como sinala o limiar, alguns poemas são “não só de conceição abjeta, mas de execução execrável”, porque o transcurso do tempo é equivalente —se queremos mover-nos num plano terráqueo — a uma térmita gulosa que todo engole ou —de desejarmos níveis cósmicos— a um buraco preto que consome todo quanto se achega ao seu horizonte de acontecimentos. A publicação duma recompilação é também, se sabemos interpreta-la, um brilhante antídoto contra a soberba. (…) Sigue lendo
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: recital de inverno de Apiario 2015
Oroso: presentación de Non quero xogar ás agachadas coa lúa, de Estela Suárez Recouso
A Coruña: actividades destacadas do xoves 17 en Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura
Do
xoves 17 ao domingo 20 de decembro celébrase no Mercado de San Agustín da Coruña Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 horas, e con entrada libre e gratuíta para o público interesado, nun evento organizado pola Asociación de Editores Coruñeses. Estas son as actividades destacadas previstas para o xoves 17 de decembro, dentro do seu programa: Abecedari@ 2015:
– 18:00 h. Contacontos Suleimán e Salúa, con Ali Ali e Francisco X. Fernández Naval.
– 19:30 h. Mário Herrero asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 21:00 h. Presentación do libro 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca. A obra é tamén unha homenaxe ao editor Ánxel Casal, no día en que se celebra o 120 aniversario do seu nacemento.
Betanzos: lectura, presentación e coloquio arredor de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
Compostela: presentación de O Deserto, de María do Cebreiro
Ponferrada: presentación de Ostrácia, de Teresa Moure
A Coruña: sinatura de O último día de Terranova, por Manuel Rivas
O que vén no 2016 (algunhas efemérides literarias e socio-culturais), por Ramón Nicolás
Desde
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“Quedan aínda algúns días para concluír o ano pero, nesta ocasión, adianto un chisco este apuntamento que, sen afán de exhaustividade, pretende achegarse ás liñas esenciais do que, se cadra, ha ocupar unha parte substancial da atención literaria ou socio-cultural ao longo do ano 2016. É evidente que salientará, en primeiro lugar, a figura de Manuel María, a quen se lle renderá homenaxe este vindeiro ano por mor da súa designación para o Día das Letras, converténdose por dereito propio nunha referencia ineludible, como tamén cumpriría que o fose a celebración tanto do centenario da creación das Irmandades da Fala na cidade da Coruña, sen esquecer a fundación do seu voceiro A Nosa Terra, como o asasinato de catro labregas e un labrego no lugar de Cans (Nebra, Porto do Son), que se negaron a pagar un imposto especial. Agardemos, pois, pasos adiante en todas estas conmemoracións.
Non debería ser menos, a meu entender, a atención que se lle debería prestar a un conxunto de voces do ámbito literario unidas por se celebrar o centenario do seu nacemento. Penso en Manuel Lueiro Rey, Miguel González Garcés, Xosé Velo, Raimundo García González “Borobó“, Lorenzo Varela e a xornalista e tradutora Amparo Alvajar; grupo ao que me permito unir o de Roald Dahl, moi presente no catálogo de diversas editoriais galegas.
No que se refire ao cincuenta aniversario hai un acontecemento sobre o que xa se traballa e que se cinguirá á relevancia do chamado “banquete de despedida” de Celso Emilio Ferreiro, celebrado no Hotel Roma de Ourense en maio de 1966, antes de que o celanovés collese camiño cara a Caracas: o acto, que foi unha das primeiras manifestacións públicas críticas co réxime franquista, ben merece ser lembrado. Por outro lado, tamén neste 2016 van cumprirse os cincuenta anos do falecemento do poeta Victoriano Taibo, do astrónomo Ramón María Aller, do sociólogo Victoriano G. Martí, do dramaturgo Xesús San Luís Romero e da escritora Herminia Fariña Cobián.
Por último, no que atinxe aos sesquicentenarios cómpre lembrar o que se corresponde ao nacemento do narrador ourensán Heraclio Pérez Placer e o do falecemento de Fontán, personaxe que recupera Marcos Calveiro para a súa recente novela homónima. No que di respecto de libros relevantes que se publicaron no 1966 é imprescindible citar O espello no serán, de Otero Pedrayo; o histórico Galicia hoy, de Ruedo Ibérico; o Elexías do Courel e outros poemas, logo reeditado baixo o título de Tempo de elexía (1991), de Uxío Novoneyra e, en América, os aínda hoxe imprescindibles volumes de Alberto Vilanova sobre os galegos na Arxentina e mais Decrúa, poemas de Gonzalo López Abente.
De certo que haberá máis conmemoracións e efemérides pero suxerir a celebración dalgunhas destas paréceme de xustiza.”
Fervenzas Literarias. Enquisa para Os mellores libros do 2015
Desde
Fervenzas Literarias:
“Como cada mes de decembro nos últimos nove anos, en Fervenzas Literarias abrimos esta fiestra virtual para que as lectores e os lectores poidades dar as vosas valoracións sobre o que aconteceu -literariamente falando- no ano 2015.
Os lectores somos un elo indispensable na cadea do libro, por iso faise necesario que deamos a nosa opinión, que valoremos e escollamos libremente sobre os nosos gustos e as nosas preferencias e, en certa medida, que homenaxeemos a todas esas lecturas realizadas que nos avegaron. Velaquí tedes unha oportunidade para facelo. E nós, encantados de que o fagas!
A enquisa estará aberta ata o xoves 14 de xaneiro. Ao longo deste mes podes votar sobre o teu libro favorito de narrativa, de poesía, de ensaio, a mellor libraría, a mellor ilustradora ou ilustrador… Aquí ti fas as listas dos mellores libros do 2015!
Entre as e os participantes sortearemos un lote de libros. Agardamos polos teus votos!
Pódese participar desde aquí.”





