Dodro: entrega do XXVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Xerardo Quintiá e presentación de Zonas de tránsito, de Ramón Neto

O sábado 19 de decembro, ás 17:30 horas, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, terá lugar a entrega do XXVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, gañado por Xerardo Quintiá. No mesmo acto preséntase Zonas de tránsito, de Ramón Neto, obra gañadora da pasada edición do premio.

1934181_947792458591802_3158847627239909214_n

Gondomar: Elvira Ribeiro, no Clube de Lectura Lendo Contigo, con PAlAbrAs brAncAs

Oelvira_riveiro_tobio sábado 19 de decembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar unha nova sesión do Clube de Lectura compartida Lendo Contigo, onde o público asistente se mergullará na poesía coa obra PAlAbrAs brAncAs e coa compaña da súa autora, Elvira Riveiro. O Lendo Contigo está aberto a nenos e nenas a partir de 7 anos e ás súas familias.

Lugo: Aniversario da execución do Mariscal Pedro Pardo de Cela

O12376232_1681057618809119_7621831140466695650_n sábado 19 de decembro, ás 13:00 horas, no claustro do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), terá lugar un acto para rememorar o aniversario da execución do Mariscal Pedro Pardo de Cela en 1483, probablemente acontecida en Mondoñedo o 3 de outubro dese ano, organizado conxuntamente polos colectivos culturais “Cultura do País”, “Mádia Leva” e “Carneiro Alado”.
O marco escollido está a carón de onde se exhibe a denominada ‘Mariscala’, “cadea grosa e forte” coa que estivo preso P. Pardo de Cela, e onde tamén se exhibe o seu escudo de armas. Intervirán Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo, e o escritor e académico da RAG Darío Xohán Cabana. A entrada é libre e gratuíta.

Entrevista a Antonio García Teijeiro no Zig-zag

EntrevistaAntonio García Teijeiro a Antonio García Teijeiro en Zig-zag da Televisión de Galicia:
Antonio García Teijeiro fala no programa do poemario Palabras do mar, con ilustracións de Xosé Tomás, que publicou o pasado outubro.
O poeta participa noutra publicación, Lendo lendas, digo versos, xunto co especialista en literatura popular Antonio Reigosa e o ilustrador Xosé Cobas. O libro recolle vinte lendas, acompañadas todas de cadanseu poema. A entrevista pode verse completa aquí.”

A Coruña: actividades destacadas do venres 18 en Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura

Do 4-DIPTICO-ABECEDARI@xoves 17 ao domingo 20 de decembro celébrase no Mercado de San Agustín da Coruña Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 horas, e con entrada libre e gratuíta para o público interesado, evento organizado pola Asociación de Editores Coruñeses. Estas son as actividades destacadas do venres 18 dentro do seu programa: Abecedari@ 2015:

18:00 h. Contacontos Suleimán e Salúa, con Ali Ali e Francisco X. Fernández Naval.
18:30 h. Mercedes Leobalde asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
19:00 h. Mesa Crítica Literaria en Galicia. Con Ramón Nicolás, Armando Requeixo, Dolores Vilavedra e Teresa Seara (coordinadora).
20:00 h. Antón Riveiro Coello asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
21:00 h. Concerto: Sempre en Ibiza, con Lucía Aldao e María Lado.

Vigo: presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas

O Manuel Rivasvenres 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Club Faro de Vigo (Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto), en Vigo, terá lugar a presentación da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Antón Patiño.