Antonio Pichel Beleiro gaña o Lueiro Rey de Novela Curta

DesdeBases Lueiro 2014 1 Fervenzas Literarias:
“O pontevedrés Antonio Pichel Beleiro ven de gañar o XXI Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey pola súa obra Xente que nunca antes morrera.
O xurado desta edición, formado por Manuel Quintáns, Francisco Martínez Bouzas, Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Juan Tallón, acordou nomear como novela gañadora a obra de Pichel Beleiro sobre as quince propostas presentadas este ano para o premio.
En palabras do membro do xurado Armando Requeixo no seu blog Criticalia: “Xente que nunca antes morrera ofrece unha trama a medio camiño entre o policial, o thriller psicolóxico e o relato sociolóxico da desfeita do mundo rural. Unha investigadora estadounidense chega a unha pequena parroquia galega para tentar descubrir qué é o que pasou, realmente, cun concidadán seu que morreu nun accidente automobilístico rodeado de estrañas circunstancias. A partir dese momento, escenifícase un choque de mundos entre o urbanita que representa a investigadora estranxeira e o enxebrismo tradicionalista dos paisanos cos que ten cruzar, poñendo de relevo os moi diverxentes territorios mentais e actitudinais nos que se moven os personaxes“.
A obra gañadora, ademais de levar a cantidade económica estipulada nas bases do concurso,, será publicada pola editorial Sotelo Blanco nas vindeiras datas.”

Pontevedra: espectáculo Quen puidera ver os elefantes, por Isaac Xubín

OIsaac Xubín luns 11 de agosto, a partir das 21:00 horas, no Liceo Mutante (Rúa Rosalía de Castro, 100) de Pontevedra, Isaac Xubín presenta o seu espectáculo Quen puidera ver os elefantes, baseado en tres momentos que xiran ao redor de tres experiencias persoais relativas a nomes propios. Cada parte atópase precedida dunha pequena introdución con referencias a clásicos galegos e rematan cun recitado da súa obra e unha peza ad hoc interpretada con flauta e con whistle.

A Coruña: actos literarios destacados do domingo 10 na Feira do Libro

OFederación de Librarias de Galicia domingo 10 de agosto remata a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:

12:00 h. Sinatura de libros de Miguel Ángel Alonso na caseta de Libraría Pedreira.
12:30 h. Actividade infantil. O soño de Esther. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Nova Galicia Edicións.
13:00 h. A editorial Contos Estraños presenta: Segunda Era. Antoloxía de relatos fantásticos de autores galegos. Participarán no acto varios dos autores da antoloxía e os editores Fernando M. Cimadevila e Tomás González Ahola.
18:30 h. Xurxo Souto asina exemplares das súas obras na caseta de 7 Mares Libros.
20:00 h. Lemos, cantamos, gozamos. II Semana da música infantil da Coruña. Brinca vai!, con Paco Nogueiras.
20:00 h. Recital de poetas coruñesas.

A Coruña: actos literarios destacados do sábado 9 na Feira do Libro

OFederación de Librarias de Galicia sábado 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:

13:00 h. Paula Carballeira e o ilustrador Xosé Tomás presentan o seu libro A Burra Ramona, con sesión de ilustración e contacontos. Actividade organizada por Baía Edicións.
19:00 h. Presentación de Raros e curiosos, de Carlos López, publicado por Edicións Embora. Xunto co autor, participará no acto o escritor e xornalista Carlos G. Reigosa.
19:00 h. Diana Varela e Xulio Valcárcel asinarán na caseta de Editores Coruñeses.
20:00 h. Xosé Vázquez Pintor presenta o seu libro Columnas de papel 2, publicado por Morgante.
20:00 h. Sinatura de libros de Rubén Martínez Alonso na caseta de Consorcio Editorial.
20:00 h. Sinatura de O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila e Galiza Mutante: Poder Nuclear! e Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola, publicados por Urco Editora, na caseta de Libraría Cartabón.

Aberto o prazo a comunicacións para o XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (Bos Aires, do 6 ao 8 de abril de 2015)

o_ce23c8a7a96b211a_001o_ce23c8a7a96b211a_002o_ce23c8a7a96b211a_003o_ce23c8a7a96b211a_004o_ce23c8a7a96b211a_005o_ce23c8a7a96b211a_006o_ce23c8a7a96b211a_007

A Coruña: actos literarios destacados do venres 8 na Feira do Libro

OFederación de Librarias de Galicia venres 8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:

19:00 h. Xosé Neira Vilas fará a presentación dos seus libros Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade, publicado por Bolanda e Días de Cuba, publicado por Galaxia. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares dos libros e do resto da súa obra.
20:00 h. Lemos, cantamos, gozamos. II Semana da música infantil da Coruña. Xiqui Xoque Fiú Fiú!, de María Fumaça.
20:00 h. O escritor Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro As crebas, outro xeito de andar ao mar, publicado por Baía Edicións, con fotografías de Maribel Longueira. No acto participan, xunto aos autores, Manuel Rodríguez e Belén López Vázquez.
21:00 h. Presentación do libro Salseiros, do actor e escritor Suso Lista, publicado por Edicións Embora.