Entrevista de Xacobe Ferreiro a Carlos Mella en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Saltando no tempo e aproveitando o 30 aniversario da publicación do seu libro A falacia do economicismo (Espiral Maior), até que punto as teses centrais dese traballo continúan na actualidade vixentes?
– Carlos Mella (CM): Creo que as ideas que formulaba naquel libro continúan sendo claves e vixentes. A min téñenme que dicir en que iso non é certo ou que a dinámica que explico alí non segue funcionando hoxe en día. Unha das cousas que sinalaba alí era como o capitalismo ía xerando desigualdades e como estas se ían incrementando e iso é o que está pasando hoxe. Ningún dato pon en dúbida que as desigualdades medran. Cando escoito cousas como que “a economía vai como un tiro”, como dixo o outro día o presidente do Goberno español, só digo que co produto interior bruto (PIB) ti podes facer o que queiras. Pero a realidade é que somos o Estado con máis parados de Europa, con máis desemprego xuvenil, o terceiro con máis desigualdade e cun problema moi grave de acceso á vivenda. Se iso é ir como un tiro…
Non hai cambio sobre o que eu escribía hai uns 30 anos e considero que camiñamos cara á catástrofe económica. Incluso a desigualdade medra cada día, como sinala o informe de Oxfam, que afirma que a riqueza de 1% da poboación mundial é superior á de 95% da poboación restante. E isto é terríbel porque parte da primacía do económico sobre calquera outra actividade humana.
– ND: Defendía no volume, en plena preamar da ofensiva neoliberal, a importancia do sector público na economía e moi concretamente de instrumentos de crédito desa natureza, que significa para Galiza carecer de banca pública aínda máis após a desfeita das caixas?
-CM: A min dáme a impresión de que ou se nacionaliza a banca ou se crea unha banca pública forte. As caixas de aforro, que a banca e algún outro se encargaron de fundilas, eran un instrumento moi bo a favor da Galiza coa que non había unha posibilidade dun monopolio total como hai agora porque había certa competencia. Iso si, había que vixialas ben, polo tanto o poder político ten que explicar por que quebraron as caixas, porque era a el a quen correspondía o labor de supervisión. Ademais, aquí na Galiza, aos equipos directivos das caixas os poderes públicos deixáronlles facer auténticas parvadas. (…)”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: calendario de actividades de Memoria emocional
Corcubión: presentación de Na escuridade das ondas, de Fernando Patricio Cortizo
Fornelos de Montes: acto de entrega da XII edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
Arzúa: Culturgal expandido 2024
Ribeira: Encontro de creadoras e creadores Barbantiarte 2024
Suso de Toro: “Ás veces, o mestre é o último recurso para evitar que unha vida sexa desgraciada”
Entrevista de María Bueno a Suso de Toro en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FV): Por exemplo á literatura infantoxuvenil. Sorpréndeme velo como autor deste xénero. Cambia moito escribir para persoas máis novas?
– Suso de Toro (ST): Tes en conta certos aspectos e límites na expresión, pero ao mesmo tempo eu intento que non resulte cursi ou ñoño, que tamén o poida ler eu como adulto. Neste caso, escribir sobre Joseph Haydn a min propúxomo o músico Luis Soto, da Real Filharmonía de Galicia. O desafío era ‘a ver como fago para non contar o que xa está contado’ porque ademais Haydn foi un home cunha vida moi apracíbel. Entón xurdiu a posibilidade de facer unha fuga, un desvío a Galicia, nas dúas viaxes que fixo a Inglaterra. E esa foi a cousa.
– FV: Menos a viaxe a Galicia, todo o que relata está documentado. Chaman a atención todas as referencias históricas e musicais da novela… Non tiña nin idea da orixe compostelá da Chacona.
– ST: Iso si que hai un músico que cito no libro, Fernando Reyes, que fixo estudos e demostrou que hai unha posibilidade real, pero ademais tamén é certo que nesa época hai un cambio na música que se fai en Galicia, que consiste en pasar da influencia italiana á vienesa, precisamente de onde é Haydn; e tamén houbo corsarios en Carril. Logo fun calzando pezas. Arrimei un pouco a sardiña á brasa (ri). Vou descubrindo tamén, tamén un vai aprendendo cos anos e coa práctica, que canto máis te documentas, canto máis sabes e canta máis información tes, tamén máis espazo cabe para imaxinar. Digamos que xa non é fantasía, é imaxinación.
– FV: Escachaba coa risa. Foi vostede capaz de pórlle retranca galega ao mesmísimo Mozart, e perfila a Haydn coa inocencia e a curiosidade dun rapaz. Son estas as características do artista?
– ST: No caso de Haydn, el é descrito polos seus contemporáneos como unha persoa de bo carácter, pero hai outra cousa: todos nós, sexamos como sexamos, cando nos trasladamos de viaxe e deixamos atrás a nosa vida diaria e as nosas preocupacións, sentímonos máis tranquilos e libres. Vivimos unha situación dun certo regreso á infancia e iso foi o que quixen contar coa personaxe.
Pero sobre a inocencia: eu si creo que os artistas precisan dunha certa abertura ante a vida porque o artista non debe dar por feito a realidade, nin pensar ou vivir con ideas previas, debe ser capaz de ver cada momento e personaxe por el mesmo. (…)”
Pontevedra: IX Xornada de Onomástica Galega
Chapela: presentación de Blues da Florida, de José G. Barral Sánchez
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2024. Lecturas dende a diversidade. Antonio García Teijeiro, o 25 de outubro
A AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Lecturas dende a diversidade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
O Ciclo é coordinado por Isabel Mociño, Carla Míguez e María González Cerdeira (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os días 27 de setembro e os 4, 18 e 25 de outubro de 2024, ás 11:00 horas, na aula 1.4 da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
As persoas interesadas poden inscribirse, de balde, aquí.
Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso).
O programa é o seguinte:
25 de outubro
Antonio García Teijeiro
Crear poemas paso a paso e ler poesía comprometida









