A Coruña: presentación e recital de Funámbulas na fronteira, con François Davo e Tati Mancebo

O sábado 30 de novembro, ás 12:30 horas, na Berbiriana da Coruña (Rúa Santiago, 7), terá lugar a presentación e recital do fancine poemario Funámbulas na fronteira, con François Davo e Tati Mancebo, publicado por Letras bífidas.

Crónica videográfica da XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral 2024 (3)


A XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Daquelas que cantan é unha iniciativa da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, tivo lugar o 19 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:

As autorías na música tradicional, con Ugia Pedreira:

Tradición e corazón, con Xiana Lastra:

Mesa redonda Cantar e crear a partir da tradición. As liñas de fuga, con Branca Villares, Ugia Pedreira e Xiana Lastra:

Pontevedra: Culturgal 2024, actividades do 29 de novembro

Este é o programa do Culturgal 2024. As actividades previstas para o 29 de novembro son:

Manuel Rivas: “Non podes traballar coas palabras e ser insensible ao que pasa”

Entrevista a Manuel Rivas no Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos co escritor Manuel Rivas, galardoado co Premio Nacional das Letras 2024 que concede o Ministerio de Cultura. A profesora Dolores Vilavedra e Manuel Bragado achegan a súa valoración sobre a traxectoria literaria de Rivas. A entrevista pode escoitarse aquí.”