O
venres 17 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase o libro Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica 2011. No acto participan Xesús Mosquera Sueiro, Felipe Senén e os autores.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Betanzos: presentación de O escano baleiro, de Xulio L. Valcárcel
O
venres 17 de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase o libro O escano baleiro. No Courel con Uxío Novoneyra, de Xulio López Valcárcel, publicado por Biblos Clube. No acto, xunto ao autor, participa Alfredo Erias.
Madrid: presentación de A aldea, de Xavier Frías Conde
Coñécense os finalistas do Premio Arcebispo San Clemente
“O 18º Premio Literario Arcebispo San Clemente, que fallan os alumnos de Bacharelato do Instituto Rosalía de Castro de Santiago e doutros catro centros de Galicia, xa conta con finalistas nas tres modalidades de novela galega, en castelán e estranxeira. En lingua galega as obras finalistas son: A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda; O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos; e Extramunde, de Xavier Queipo -as tres editadas por Xerais-. As finalistas en lingua castelá son: Caligrafía de los sueños, de Juan Marsé (Lumen); El ruido de las cosas al caer, de Juan Gabriel Vásquez (Alfaguara); e Deseos, de Marina Mayoral (Alfaguara). En lingua estranxeira: Sete anos, de Peter Stamm (Cantil); O mapa e o territorio, de Michel Houellebecq (Anagrama); e Purga, de Sofi Oksanen (Rinoceronte). A entrega dos premios aos gañadores da anterior edición (Xulia Alonso, Eduardo Mendoza e Colm Tóibín) terá lugar o 22 de marzo.” Vía La Voz de Galicia.
Galaxia prevé abrir unha delegación en Arxentina
“A
histórica editorial Galaxia prevé abrir un selo subsidiario en Arxentina, co que quere colaborar con editoras de Sudamérica. Así o anunciaba o flamante presidente da empresa, Benxamín Casal, quen adiantou que o proxecto, localizado en Bos Aires, quere tamén acoller publicacíóns sobre o exilio e dos fillos de exiliados. Segundo adianta El Progreso, a intención da firma viguesa é botar a andar o proxecto este mesmo ano.” Vía Cultura Galega.
Gondomar: faladoiro Galicia: país sen santas, por Ofelia Rey Castelao
O
venres 17 de febreiro, ás 20:30 horas, na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura Ponte das Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, terá lugar unha nova Tertulia do IEM coa catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Ofelia Rey Castelao. O faladoiro terá por título Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna, sendo presentada por Xosé Lois Vilar.
Ramón Otero Pedrayo repasa a vida e obra de Ramón Cabanillas
Desde Cultura Galega:
“O Arquivo Sonoro de Galicia editou en 1996 o noveno volume da colección As Nosas Voces. Trátase dunha maxistral conferencia de Ramón Otero Pedrayo sobre a vida e a obra do poeta Ramón Cabanillas pronunciada no Centro Galego de Madrid en 1964. A conferencia permite apreciar a impresionante oratoria de Otero Pedrayo. O intelectual foi presentado por Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Sey), aínda que a súa voz non foi gravada.”
Parlamento das letras: Xosé Ramón Pena
Entrevista
de Armando Requeixo a Xosé Ramón Pena no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que lecturas te acompañan decote ou a que escritores/as regresas con frecuencia?
– Xosé Ramón Pena (XRP): Son moi ecléctico niso. Ademais, por motivos profesionais, leo moita historia e historia da literatura. Por puro e duro pracer, leo cousas moi variadas. ¿Regresar con quen? Sempre con García Márquez —aínda que estilisticamente non me interesa nada; quero dicir, ten un estilo tan marcado que se pretendes imitalo, afogas—, Joseph Roth, John Le Carré, o xenial Conrad, London… e dos nosos, sempre Blanco Amor e Ferrín.
– AR: ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– XRP: ¡O que lles falta é público! Hai xente que escribe moi, pero que moi ben. ¡O que lles sobra é esnobismo e a falta dunha crítica realmente crítica que separe de vez o trigo da palla! (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– XRP: O que dicía máis arriba: hai xente que escribe moi ben, que, realmente, fai unha literatura de primeira. Desafortunadamente, a canda dela hai —mesturados todos nun caixón de xastre/desastre— cousas absolutamente infumables. A crítica —ou certos críticos— teñen o gusto estragado ou carecen do que hai que ter para peneirar voces e ecos, o que é decente do que é puro esnobismo. Iso impide que se consolide un público, á súa vez, con criterios formados, que todo pareza o mesmo e que, en consecuencia, cadaquén se poida situar onde lle corresponde. Pero, repito: non é problema dos escritores, senón daquilo que os rodea, ¡quede claro!”.
Ferrol: conferencia de Xulio López Valcárcel
O
xoves 16 de febreiro, ás 19:30 horas, no salón de actos da Aula UNED de Ferrol (Rúa María, 52-54), e dentro do ciclo de conferencias As miñas lecturas favoritas, Xulio López Valcárcel falará sobre Poesía, de Celso Emilio Ferreiro, O deserto dos tártaros, de Dino Buzzati (versión galega de Xavier Rodríguez Baixeras) e Herba aquí e acolá, de Álvaro Cunqueiro.
Santiago: presentación de Criticalia, de Armando Requeixo
O
xoves 16 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Criticalia, de Armando Requeixo, publicado por Sotelo Blanco. No acto, acompañando ao autor, participan Luís Alonso Girgado, Claudio Rodríguez Fer e Olegario Sotelo Blanco.
