Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Bases do II Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle
Club das lerchiñas | Ledicia Costas
Desde a Cidade da Cultura:
“A Cidade da Cultura botou a andar o selecto e divertido Club das Lerchiñas con creadoras ou fiadoras deses relatos que tanto nos prestan, deses que dá igual que sexas avoa, papá ou rapazada, porque te engaiolan independentemente da idade que teñas e non te soltan ata escoitar o de colorín colorado, dá este conto por rematado.
Cada sábado traerannos os seus contos desde o seu fogar ao noso, porque a narración oral ten esa maxia de non saber de lindes de tempo e de espazo; o que nos permite continuar a escoitar aínda as historias que lles contaban ás nosas tataravoas ou poder gozar neste necesario #quedanacasa de sesións de contacontos en liña axudadas por Internet e polas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter).
O sábado 6 de xuño a convidada é Ledicia Costas, autora viguesa que se dedica profesionalmente á literatura. O ámbito onde é máis prolífica é no da literatura infantil e xuvenil, con 15 obras publicadas. Ten libros traducidos a diversas linguas coma o coreano, italiano, búlgaro, romanés ou persa. É na súa faceta de escritora infantil e xuvenil onde acadou un maior recoñecemento.
Sinopse de Conexión Macarrón
A Espe e a Rino non lles gustan nada os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa.
Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar. Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e nalgún momento confesou que tiña antenas.
Estaba claro que non era un «Expósito», era un extraterrestre! Que ían facer agora que coñeceran un extraterrestre de verdade?”
Manuel Portas: “Nutrirme de sensibilidades diferentes á miña, acirrar a miña creatividade, saborear a orixinalidade dos demais, iso é o que significa para min a literatura”
Entrevista de Palabra de Gatsby a Manuel Portas:
“(…) – Palabra de Gatsby (PG): – Comecemos cunha idea forte. Que é para vostede a literatura?
– Manuel Portas (MP): Se tivese que facer unha definición ampla, eu diría que calquera mensaxe lingüística con vontade estética é literatura. A literatura está na vontade de quen escribe e nos ollos e nos ouvidos de quen le ou escoita. Se a defino desde un prisma máis persoal, a literatura é ese estela que me permite navegar por outros mundos, largando amarras e gozando dunha realidade, a literaria, máis alá da que me rodea. Nutrirme de sensibilidades diferentes á miña, acirrar a miña creatividade, saborear a orixinalidade dos demais, iso é o que significa para min a literatura.
– PG: Lembra cando comezou a escribir?
– MP: Supoño que, como todo o mundo, comecei a escribir ripios na mocidade. Axiña despertei ao compromiso coa lingua e iso levoume a centrar os meus intereses na sociolingüística, tanto na acción como na reflexión. Na acción, cando botamos a andar a Mesa pola Normalización e máis tarde na acción política e institucional. E na reflexión, cando preparei unha obra divulgativa, Língua e sociedade na Galiza, dada a carencia que había de visións de conxunto do que estaba a acontecer lingüísticamente no país. Con todo, nunca deixei de ser un lector voraz, nin sequera nos momentos máis intensos da actividade política, principalmente de narrativa. Despois, terminada esa etapa de maior acción social e política, bordeando os cincuenta, recuperei vellas querenzas e mergulleime na escrita creativa, cunha novela Denso recendo a salgado, centrada no mundo do narcotráfico que se desenvolveu nas rías e que a xente da miña xeración viviu na mocidade.
– PG: Como definiría o seu proceso creativo? Cal é a parte máis complicada?
– MP: Non creo que invente a roda se che digo que non teño unha pauta única para a creación. En xeral, todo comeza cun papel, con nomes, con monosílabos, con frechas, debuxos, esborranchando,… Cando xa teño problemas para lembrar que significaba unha frecha ou un ionterrogante, entón paso ás palabras, aos esquemas… e, a partir de aí, entro nas grandes decisións, quen a vai contar, que cores, que tonalidades.
– PG: Cal é o xerme de Cadencias (Xerais, 2020)?
– MP: Cadencias é un cadro impresionista a partir dun ménage à trois atípico. O triángulo amoroso preséntase de xeito fragmentario, como unha serie de fotos fixas cargadas de lirismo nas que a relación amorosa e o sexo aparecen idealizadas. O xerme, como non pode ser doutra maneira, nace do interese por ese topoi tan complexo como é o amor, a relación máis medular de todas as relacións humanas.vai ter esa voz, en que momento da historia comezo, cal é o final que pretendo. Despois, todo é atraizoar esa idea inicial. O máis complicado, cando parar. (…)”
Unha palabra para don Ricardo: Ana Romaní
Polafías Polavida (contos ben contados), Manolo de Vinculeiros
Desde a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
Polas polafías da AELG pasaron grandes contadoras e contadores como Manuel Bouzas Souto ‘Manolo de Vinculeiro’, que estivo en Cerqueda-Malpica o 13 de marzo de 2011 e contou este “Canto vale o coche, o rei e os cabalos“.
Aquí podes ver os vídeos desta Polafía.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede, #Aculturasegue e/ou #aculturasegue.
Presentación virtual de As estacións do lobo, de María Reimóndez
Finalistas do XVII Frei Martín Sarmiento
Desde o blog do Premio Literario Frei Martín Sarmiento:
“Tras convocarse a próxima edición do certame literario que cada vez suma máis lectores e lectoras entre o alumnado da rede de colexios de Escolas Católicas, estas son as obras que resultaron finalistas na súa décimo sétima edición. No mes de abril de 2021 coñeceremos os gañadores e terá lugar o acto de entrega de dito galardón aos recoñecidos:
INFANTIL
– A fraga do meu avó. Mamá Cabra. Galaxia.
– Se che pica un mosquito. Jordi Gastó. Kalandraka
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
– Hércules e o xigante. Unha torre de lenda. Henrique López. Hércules de Ediciones
– A banda de Raimunda. Pablo Nogueira. Baía
2ª CATEGORÍA (3º, 4º EP)
– Animalia. 2 Branco. Xosé Tomás. Xerais
– Astro Rato e Lampadiña en Patacator Cocido. Fermín Solís. El Patito Editorial.
3ª CATEGORÍA (5º, 6º EP)
– Conta nove estrelas. Andrea Maceiras. Xerais
– Os Peloteiros. Patricia Mallo. Galaxia
4ª CATEGORÍA
– Unha cidade chamada perfecta. Helena Duggan. Traducida por Moisés Barcia Rodríguez. Sushi Books
– Maneiras de vivir. Luis Leante. Traducida por Belén Rodríguez Suárez. Rodeira-Edebé
5ª CATEGORÍA
– Aqueles momentos que perdemos. Xavier Estévez. Oqueleo
– Ardora. Beatriz Maceira Abeleira. Urco Editora.
6ª CATEGORÍA
– Beleza Vermella. Arantza Portabales. Galaxia
– Os nomes do vento. Juan Andrés Fernández. Fervenza.”