Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ponte Ulla (Vedra): presentación de Cen pezas do traxe do Val do Ulla
Foz: presentación de A síndrome de Hayworth, de Natalia Alonso Ramos
Compostela: presentación de Caldaloba en Terras de Valverde, de Xesús Rábade Paredes
Allariz: presentación de Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira
Betanzos: presentación de Xosé María Álvarez Blázquez. Mestre republicano, de Narciso de Gabriel
2020: 40 aniversario da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Neste 2020 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega cumpre 40 anos de existencia. Na Asemblea Xeral de febreiro informarase sobre as actividades previstas para este aniversario.
A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento de Isabel-Clara Simó, nomeada Escritora Galega Universal en 2018
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega lamenta profundamente o pasamento de Isabel-Clara Simó, quen fora nomeada Escritora Galega Universal en 2018.
Neste día facemos constar novamente, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa, a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como a súa defensa infatigábel da lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans.
Nesta ligazón pode accederse ao vídeo da súa participación na III Gala do Libro Galego, onde tivo lugar a entrega do premio.