Xavier P. Docampo na Universidade da Coruña

No marco do Escritores-as na Universidade: II Ciclo de Conferencias, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a S. X. de Política Lingüística, en colaboración coas Universidades da Coruña e Vigo, achegan á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar unha extraordinaria pléiade de escritores e escritoras das nosas letras.
Na Universidade da Coruña (Facultade de Filoloxía, Campus da Zapateira) o 14 de novembro (12:30 horas) contarase coa presenza de Xabier P. Docampo.

Carlos G. Meixide disposto a conversar en Carballo

O actor, humorista e escritor Carlos G. Meixide, autor do libro O home inédito, ofrécese para a conversa no Café Colón de Carballo, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego. Será o martes 30 de outubro ás 21:00 horas (atención: novos día e hora).

Presentación en Ferrol d’ As vellas inquedanzas do vello Colás, de Xosé Díaz Dopico

O libro de Xosé Díaz Dopico As inquedanzas do vello Colás, editado polo Grupo Gadisa, será presentado o xoves 25 de outubro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol. No acto interveñen, ademáis do autor, Antonio Cortés (Director de Márketing e Publicidade de Gadisa) e Verónica Martínez Delgado (Xerente da Galería Sargadelos de Ferrol).

Homenaxe a Lois Pereiro n’ A Coruña

image003.jpgimage007.gifA Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que mañá, martes 23 de outubro, a partir das 21:00 horas, terá lugar no mesón A saimia (R/ Emilio Pardo Bazán), unha homenaxe ao falecido escritor e poeta Lois Pereiro. A homenaxe, aberta ao público en xeral, consistirá nun recital poético-musical e nunha proxección fotográfica organizados polo Colectivo Poético “Amor e desamor”. (Asociación Cultural Alexandre Bóveda)

I Xornada da Crítica Galega, da AELG

A I Xornada da Crítica, que a Aelg organiza en colaboración co Consello da Cultura Galega, desenvolverase nas instalacións do Consello o día 21 de setembro de 2007. O programa pode consultarse na web da Asociación de Escritores en Lingua Galega.