O mércores 24 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Redondela, nun acto coorganizado polas Bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística dese Concello, terá lugar a proxección do filme documental 100% CEF e posterior coloquio co seu director, Aser Álvarez.
Arquivo da categoría: Audiovisual
Cantares Gallegos revisitado
Desde Sermos Galiza:
“No video recóllese o proceso creativo de Pepe Barro á hora de elaborar a súa visión creativa de Cantares Gallegos. O 15 de maio inaugurarase en Vigo a exposición No principio foi o verso. Rosalía de Castro comisariada por Pepe Barro, que se artella en oito espazos temáticos, desde os inicios en Vigo, cidade na que foi publicado o libro, até o último titulardo Muller bandeira que recollerá fitos, documentos e obxectos da recepción da figura de Rosalía de Castro. (…)
María Reimóndez: “Os feminismos son unha corrente que analiza toda a sociedade”
Ferrol: o venres 19 de abril comeza a Feira do Libro
O
venres 19 de abril comeza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados:
– 19:30 h. Dentro dos actos inaugurais, actuación de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias tradicionais con gran sentido de humor, cos seus relatos Bicoca de boca en boca.
– 20:00 h. Presentación do libro e audiovisual Un chapeu negro e un nariz de paiaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño, con textos de Montse Pena Presas e imaxes e son de Gonzalo Enríquez Veloso, publicado en Galaxia.
Lugo: estrea do documental Uxío Novoneyra. Poeta, alén
A Coruña: conferencia de Aurora Marco nos VI Encontros Cidade da Coruña
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anuncia que este xoves 18 de abril, a partir das 20:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), terá lugar a segunda conferencia dos VI Encontros Cidade da Coruña, organizados coa colaboración da Real Academia Galega e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Nela, a profesora Aurora Marco tratará o tema Elas, as invisíbeis. Silencios e voces das represaliadas.
A conferencia vai xirar en volta do exilio das mulleres galegas, silenciadas pola historia tradicional. Tras unhas consideracións xerais sobre as palabras das mulleres e sobre a escrita autobiográfica feminina, analisaranse e comentaranse dous textos que recuperan as voces da memoria democrática: Éxodo (1940), de Silvia Mistral, e Memorias dunha republicana (2012), de Teresa Alvajar López. Para finalizar, proxectarase un capítulo do documental As silenciadas, de Pablo Ces, Premio Mestre Mateo 2012.
Vídeo da entrevista a Yolanda Castaño e Mercedes Queixas na presentación de Forked Tongues en Dublín
Tríptico, de Antoni Marí, con María Xesús Lama
Begoña Caamaño, premio Nacional da Crítica en lingua galega por Morgana en Esmelle
Redondela: actos destacados na Festa das Palabras
Esta é a crónica da última das actividades levadas a cabo, desde o espazo na rede das Bibliotecas de Redondela.

