Coa intención de atopar solucións a problemas que nos atanguen como individuos e sociedade, os artistas galegos Elba Pedrosa, Big Meu e Xosé Liz, uníronse por primeira vez para traballar nun proxecto que busca o impacto interxeracional. “Encontrar saídas a situacións polas que todos pasamos nalgún momento, abordando temas sociais e íntimos, desde disciplinas artísticas tan afastadas en apariencia como o hip hop e o folk, ou os versos;”, adiantan como obxectivo que comparten. Musicalmente a proposta foi producida por Coke Céspedes, produtor e rapeiro pioneiro do hip hop en Galicia, máis coñecido no mundo artístico como O Puto Coke.
Arquivo da categoría: Audiovisual
A Laracha: presentación do documental Os oficios tradicionais, de Xabier Maceiras e Raúl Lorenzo
Compostela, Rianxo e A Coruña: presentacións do proxecto audiovisual O próximo baile será contigo, de Sabela Losada Cortizas
Compostela: presentación do proxecto Martiño de Dumio. A espiritualidade popular no Reino da Galiza, con Borxa González (Orgullo Galego) e Lidia Mariño
Serra de Outes: recital poético-audiovisual de Véndoche un poema, de Fran Alonso
Vídeo da presentación en Vigo de Atravesar o don, de Fran Fernández Davila
Compostela: Encontro Castelao: democracia e paz
O autor fala da súa obra: entrevista longa a Vicente Araguas
Pode verse aquí a entrevista extensa sobre a súa traxectoria a Vicente Araguas.
Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (IV)
O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a cuarta parte:
A Coruña: Perfomance poética: Nao Cetácea. A resistencia mariñeira con Xosé Iglesias

“O 7 de novembro, ás 19.30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, o poeta e mariñeiro Xosé Iglesias presentará unha performance poética e audiovisual.
O acto, de aproximadamente unha hora de duración, combinará a creación plástica en directo (o autor pintará un tema mariño con acuarelas) coa proxección dunha peza audiovisual. Esta peza, gravada a bordo do seu pesqueiro “Primero Villar”, formúlase como un “canto poético ao mar” e, á vez, como un “berro de esperanza por un oficio que pouco a pouco vai chegando ao seu límite”.
A intervención busca artellar un discurso sobre o mar desde o propio mar, seguindo o ronsel de referentes como Manoel Antonio. Proxectaranse tamén videopoemas baseados nos seus catro poemarios anteriores: Transfusión Oceánica, A relixión do mar, Luces da Costa da Morte e Atlántico Norte, Chamádeme Ismael.
Ademais da performance, presentarase a súa última publicación, o álbum ilustrado Nao Cetácea (Editorial Canela), que continúa a liña da súa obra previa, Nación Mar. Concibido como un “libro de resistencia mariñeira”, Nao Cetácea recolle en 60 ilustracións anécdotas e historias dos pesqueiros do noso país, ofrecendo unha testemuña gráfica e poética dunha cultura en profunda transformación.
As persoas interesadas poden inscribirse aquí.”







