«Continua o ciclo escrita(s) interesado en pensar as relacións que se dan na producción de textos. Seguimos logo interesados na difereza e na repetición, nas liñas de forza que patentizan os rastros, as marcas, os restos. Así as cousas nesta quenda de paroladas faremos especial fincapé en como todos estas marcas e liñas de forza sempre heteroxéneas chegan no trato co outro.
Callar se cabe diagramas para unha vez pesado o impacto violento do outro, pensalo sen usura. Entón a partir das achegas de X. Carlos Hidalgo (Visita ao Panteón Tipográfico), José Manuel Sande (A viaxe do comediante), Leo Arremecághona (Pan! Pan!! Punk!!!), Gonzalo Hermo (Palabras que mancan:
sensibilidade masoquista e poesía-Outra), Paula Pérez (Sete horas antes), Rubén Centeno (Rostos do desejo em guerra: umha leitura política e bastarda de Jean Genet.) e David Castro (Obradoiro obxetor.) falar das múltiples permeabilidades pero tamén das múltiples oclusións que se dan na relación co outro.
A Galería Sargadelos da Coruña convócavos a todos/as a participar no ciclo de charlas que se desenvolverán entre o 23 de abril e o 17 de xuño as 20:00. Terán
lugar na sala da Rúa Real 56, ás 20:00 h.»
Durante os días 20, 21 e 29 de abril de 2010 terán lugar no Consello da Cultura Galega as xornadas “Comunicar cultura”, que contarán coa participación, entre outras, de Ramón Villares, Ana Romaní, Camilo Franco, Carlos G. Reigosa, Santiago Jaureguizar, Xosé Ramón Pena, Antón Lopo e Alfredo Ferreiro. A organización está principalmente a cargo de Xosé López, Xosé Manuel Pereiro e Rosa Aneiros. Pode consultarse o 