Vigo: conferencia Castelao e a Galiza do futuro, de Francisco Rodríguez

O martes 25 de Xaneiro, ás 20:00 h., na Casa Galega da Cultura (Praza da Constitución) de Vigo, Francisco Rodríguez pronunciará a conferencia Castelao e a Galiza do futuro, en conmemoración do 125 aniversario do nacemento de Castelao. O acto está organizado pola Asociación Cultural O Castro.

A Coruña: conferencia de Xosé Henrique Costas sobre Situación actual da lingua

O martes 18 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24) da Coruña, o profesor doutor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas González, falará, dentro do ciclo Lingua, Literatura e Nación, organizado pola A. C. O Facho, sobre Situación actual da lingua.

Santiago: programa semestral de actividades de Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, da Fundación Cidade da Cultura

O Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolverá na Cidade da Cultura, está composto polo seguinte programa de actividades:
15 de xaneiro. Rosalía, a voz dun pobo:
12:00 | Relatorio: María do Cebreiro Rábade Villar.
13:00 | Ao raso coas lebres (60’), da compañía CasaHamlet.
29 de xaneiro. Manuel Antonio: “venador” de horizontes:
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). Recital poético-musical de María Lado e o pianista Nacho Muñoz.
12 de febreiro. Cela e o seu teatro do mundo.
26 de febreiro. Fernando Pessoa: da nosa veciñanza:
12:00 | Relatorio: Carlos Quiroga.
13:00 | Dulce Pontes e Uxía Senlle (40’).
12 de marzo. Martín Códax: o son das ondas.
26 de marzo. Valle Inclán e a visión estelar.
02 de abril. Cunqueiro e a maxia da palabra:
12:00 | Relatorio: Quico Cadaval.
13:00 | Cunqueiradas (45’), por Cándido Pazó.
30 de abril. Valente ou a erótica do baleiro:
12:00 | Relatorio: Claudio Rodríguez Fer.
13:00 | Concerto de Mauricio Sotelo, Raquel Rivera e María Luz Rivera (25’).
14 de maio. Salvador Espriu: da nosa veciñanza.
28 de maio. Torrente e a creación sen límites:
12:00 | Relatorio: Jesús Ferrero.
13:00 | Lecturas musicadas (30’): Charo López, Luis Iglesias Feijoo e Alfredo Conde.
11 de xuño. Blanco Amor ou a paixón das marxes.:
12:00 | Relatorio: Bieito Iglesias.
13:00 | Proxección audiovisual (45’). Produción propia da Asociación de Escritores en Lingua Galega (A.E.L.G) que se estrea neste ciclo, como mostra da visión poliédrica dunha serie de escritores/as e estudosos/as sobre o universo literario de Blanco Amor.
Presentan: Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da A.E.L.G., xunto con Mercedes Queixas Zas, profesora, ensaísta e crítica literaria, así como secretaria xeral da A.E.L.G.
25 de xuño. Jorge Luis Borges: da nosa veciñanza.

A Coruña: conferencia de Xoán Bernárdez Vilar sobre Hermerico, o primeiro rei da Galiza

O martes 11 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, o escritor e historiador Xoán Bernárdez Vilar falará dentro do ciclo “Economía, Historia e Ciencias Sociais” da A. C. O Facho, sobre “Hermerico, o primeiro rei da Galiza”.

Vigo: charla-conferencia con Francisco Castro: Marco Polo, Simbad… a literatura é para viaxar

O venres 17 de decembro, a partir das 19:00 h., no Centro Comercial Praza Elíptica de Vigo, terá lugar unha charla-conferencia-faladoiro con Francisco Castro organizada polo Clúster da Edición, Librerías e Comercialización de Galicia, dentro da campaña Merca Libro, Merca Nadal. O título é: Marco Polo, Simbad… a literatura é para viaxar.

A Coruña: conferencia de Francisco Carballo sobre Galiza na Idade Moderna: rebelións e revolucións no 1640

O martes 14 de decembro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, s/n.) da Coruña, e con entrada libre para o público, terá lugar unha conferencia de Francisco Carballo, dentro do Ciclo “Economía, Historia e Realidade Social”, da A. C. O Facho, sobre Galiza na Idade Moderna: rebelións e revolucións no 1640, na que departirá cos asistentes sobre os acontecimentos históricos a mediados do século XVII no noso País.