Arquivo da categoría: Conferencias
Vilalba: conferencia de Manuel Ferreiro sobre Eduardo Pondal
A Coruña: palestra Nos 110 anos do Hino Galego: historia, texto e símbolo, por Manuel Ferreiro
A
terza feira 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Manuel Ferreiro pronunciará, dentro do ciclo “Língua, Cultura e País”, a palestra Nos 110 anos do Hino Galego: historia, texto e símbolo, nun acto organizado pola A. C. O Facho.
Gondomar: A historia negada, conferencia-parladoiro con Anselmo López Carreira
Vigo: Un avant-goût de modernidade, conferencia de Xosé Carlos López Bernárdez
O
xoves 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Alliance Française de Vigo (Rúa República Arxentina, 22), Xosé Carlos López Bernárdez pronunciará a conferencia Un avant-goût de modernidade. A estancia de Robert e Sonia Delaunay en Vigo.
Compostela: Homenaxe a Eduardo Pondal, coa participación de Carlos Callón
Crónica videográfica da II Xornada da Sección de Literatura Dramática: O papel da literatura dramática no proxecto dun teatro nacional
A
II Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG, baixo o título O papel da literatura dramática no proxecto dun teatro nacional, tivo lugar o sábado 2 de decembro no Quiosco Afonso (Xardíns de Méndez Núñez), na Coruña, unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co apoio do Concello da Coruña.
Dentro do seu programa tivo lugar a clase maxistral “O proxecto da Sala Beckett de Barcelona. Obradoiro internacional de dramaturxia e a importancia da autoría teatral nun país como Catalunya”, a cargo de Toni Casares, director artístico da Sala Beckett.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa:
– Intervención de Afonso Becerra, vogal de Literatura Dramática da AELG:
– Clase maxistral de Toni Casares:
– Coloquio:






