Arquivo da categoría: Contacontos
A Coruña: actos literarios destacados do domingo 10 na Feira do Libro
O
domingo 10 de agosto remata a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
– 12:00 h. Sinatura de libros de Miguel Ángel Alonso na caseta de Libraría Pedreira.
– 12:30 h. Actividade infantil. O soño de Esther. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Nova Galicia Edicións.
– 13:00 h. A editorial Contos Estraños presenta: Segunda Era. Antoloxía de relatos fantásticos de autores galegos. Participarán no acto varios dos autores da antoloxía e os editores Fernando M. Cimadevila e Tomás González Ahola.
– 18:30 h. Xurxo Souto asina exemplares das súas obras na caseta de 7 Mares Libros.
– 20:00 h. Lemos, cantamos, gozamos. II Semana da música infantil da Coruña. Brinca vai!, con Paco Nogueiras.
– 20:00 h. Recital de poetas coruñesas.
A Coruña: actos literarios destacados do sábado 9 na Feira do Libro
O
sábado 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
– 13:00 h. Paula Carballeira e o ilustrador Xosé Tomás presentan o seu libro A Burra Ramona, con sesión de ilustración e contacontos. Actividade organizada por Baía Edicións.
– 19:00 h. Presentación de Raros e curiosos, de Carlos López, publicado por Edicións Embora. Xunto co autor, participará no acto o escritor e xornalista Carlos G. Reigosa.
– 19:00 h. Diana Varela e Xulio Valcárcel asinarán na caseta de Editores Coruñeses.
– 20:00 h. Xosé Vázquez Pintor presenta o seu libro Columnas de papel 2, publicado por Morgante.
– 20:00 h. Sinatura de libros de Rubén Martínez Alonso na caseta de Consorcio Editorial.
– 20:00 h. Sinatura de O mundo secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila e Galiza Mutante: Poder Nuclear! e Alaia e a deusa, de Tomás González Ahola, publicados por Urco Editora, na caseta de Libraría Cartabón.
Outeiro de Rei: Convívio da Cultura Galega na Casa Museo Manuel María, o sábado 12 de xullo
Achegamos información sobre o Convivio da Cultura Galega que terá lugar o sábado 12 de xullo durante todo o día en Outeiro de Rei da Terra Chá. Nace como un espazo de encontro e intercambio aberto á participación de todo o asociacionismo de base, organizado desde a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Federación Galiza Cultura e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.
Trátase dun encontro para compartir experiencias, gozando ao tempo dalgunhas das máis significativas paisaxes que conforman o espazo físico orixinario del Manuel María. Outeiro de Rei, o lugar que hoxe acolle a Casa-Museo que alberga todo o seu legado e proxecta a súa vida, obra e pensamento a todo o noso pobo, quere ser tamén unha forma de o homenaxear.
Máis información no evento en facebook, no teléfono 698177621 ou no correo electrónico fundacion@manuelmaria.com.
Ourense: actividades destacadas do sábado 7 e domingo 8 na Feira do Libro
O
sábado 7 e domingo 8 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ourense (na Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses dous días:
Sábado 7
– 19:30 h. Presentación do libro disco Brinca vai!, de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.
Domingo 8
– 18:30 h. O soño de Esther. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Nova Galicia Edicións.
– 19:30 h. Presentación do libro Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, do escritor Eduardo Sanches Maragoto, publicado por Edicións do Cumio.
Pontevedra: Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares
Vigo: contada colectiva do alumnado do curso de narración oral do CIOV
Santa Cruz, Oleiros: encontros coas autoras María Reimóndez, Anxos Sumai e Charo Pita
Vigo: actividades destacadas do sábado 24 e domingo 25 de maio na Feira do Libro
Os
sábado 24 e domingo 25 de maio continúa a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Sábado 24
– 13:00 h. Contacontos O soño de Esther, a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade promovida por Nova Galicia Edicións.
– 21:00 h. Presentación do libro Sangue 12, de Cris Pavón, publicado por Urco Editora.
Domingo 25
– 20:00 h. Presentación do libro Espelho de mim mesma, de Cruz Martínez, con limiar de Moncho Iglesias Míguez e ilustracións de Luís Viñas, publicado por Círculo Edições.





