Bases do III Premio de Novela da Galicia Rural

“Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive na perda das súas tradicións, identidade e cultura. Así mesmo, considérase preciso potenciar a defensa da lingua galega e a promoción das actividades culturais no ámbito local. Neste sentido, co obxectivo de promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria, o Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o III Premio de Novela da Galicia Rural. Trátase dunha convocatoria dirixida tanto a autores e autoras xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, coas súas novelas, queiran contribuír a poñer en contacto aos lectores e lectoras co presente, o pasado e, especialmente, co futuro do mundo rural galego.

BASES

1. Poderán optar ao III Premio de Novela da Galicia Rural aquelas autoras e autores que presenten novelas orixinais e inéditas, non publicadas ou divulgadas, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico, escritas en lingua galega segundo a normativa RAG/ILG, que sitúen a súa trama na Galicia rural ou que concedan a esta un protagonismo relevante na narración.
2. As obras deberán ter unha extensión mínima de 100 páxinas (formato A4), en letra Times New Roman 12, interliñado 1,5 e marxes inferior e superior de 2,5 cm e marxes esquerda e dereita de 3 cm.
3. Cada proposta deberá ser presentada exclusivamente en papel, entregándose 6 copias, impresas a dobre cara, debidamente encadernadas baixo lema e sen ningún dato que identifique á autora ou autor. No envío incluirase un sobre pechado que deberá conter no exterior o lema elixido e no seu interior os datos de autoría correspondente: Nome e apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e unha declaración xurada na que se indique que se presenta unha obra totalmente orixinal e inédita. Estas propostas serán enviadas ao Concello de San Xoán de Río, Praza Gabino Rodríguez Álvarez, 1, 32770, San Xoán de Río, Ourense, indicando no exterior do sobre III Premio de Novela da Galicia Rural.
4. As propostas serán enviadas antes do 15 de decembro do 2022 e o ditame do xurado farase público no mes de febreiro do 2023.
5. O premio consistirá na edición da obra por parte da Editorial Galaxia, unha contía en metálico de 2.000€, máis a entrega dun diploma acreditativo, que será entregado nun acto público organizado polo Concello de San Xoán de Río e ao que se compromete a asistir o/a galardoado/a. A contía do premio considerarase unha entrega á alzada en concepto de adianto polos dereitos de autor. O gañador ou gañadora comprométese a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos. A Editorial Galaxia resérvase o dereito de publicación, sen limitación do número de exemplares, da primeira edición e reimpresións, reservándose tamén os dereitos preferentes de edición tanto da segunda e seguintes edicións en lingua galega coma da súa tradución a outros idiomas.
6. Formarán parte do xurado cinco persoas pertencentes ao ámbito da crítica, a escrita, o ensino e o estudo da lingua galega, máis un secretario ou secretaria, con voz pero sen voto, en representación do Concello de San Xoán de Río. O premio será outorgado á obra que reciba o maior número de votos. Comunicarase a composición do xurado tras o peche da recepción de orixinais.
7. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado oestime oportuno por non reunir as obras a calidade necesaria ou noncumprir cos obxectivos da convocatoria. Esta decisión, así como a concesión, serán inapelables.
8. Os orixinais non premiados serán destruídos, salvo que os autores/as acudan ao Concello de San Xoán de Río a recoller os orixinais no prazo de 15 días despois da resolución do certame. En todo caso, non se devolverán por correo postal.
9. A participación nesta convocatoria require a plena aceptación das normas contidas nas presentes bases.”

Finalistas dos Premios Xerais 2022

XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia

Chega o XII Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia, coa colaboración da AELG.

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

As bases do concurso poden descargarse nesta ligazón.

Obxecto
1. Pode participar calquera persoa que presente un relato orixinal, en calquera das linguas do concurso (catalán, castelán, éuscaro e galego), que estea inspirado nunha temática científica.
2. Os orixinais deben estar escritos en catalán, castelán, éuscaro ou galego. Deben ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados nun medio ou blog persoal.

Modalidade e categorías
3. O concurso ten unha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras, dentro da cal, neste 2022, pode optarse pola temática libre ou a de Intelixencia Artificial.
4. Os participantes poden participar nunha das seguintes categorías:
– Adulto (a partir de 18 anos), enténdese que os participantes son maiores de idade na data de peche do prazo de presentación de relatos.
– Mozo (de 12 a 17 anos), é dicir, os participantes son menores de 18 anos na data de peche do prazo de presentación de relatos.
5. Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas. Os relatos dun mesmo participante deben ser orixinais e non se pode presentar o mesmo relato en linguas distintas.
6. O profesorado que promovese a participación do alumnado con polo menos un relato na categoría Nova do concurso poderá optar ao premio especial De ciencias e de letras.

Presentación dos relatos
7. Os orixinais deben presentarse a través do web de Inspiraciencia. Previamente, os participantes deben rexistrarse. A data de nacemento establece a categoría (Mozo ou Adulto) na que se participa.
8. Os participantes poden acceder á súa conta cun nome de usuario e un contrasinal. O pseudónimo é o nome co que asinarán os relatos. O nome do concursante non será público a non ser que resulte gañador ou finalista.
9. Cada participante pode enviar un relato en calquera das linguas do concurso. Os gañadores dunha edición, para unha categoría e lingua, non poderán presentarse para a mesma categoría e lingua nas dúas seguintes edicións.
10. Para optar ao premio especial De ciencias e de letras o profesorado deberá rexistrarse e explicar o proceso seguido na aula para a participación do alumnado e selección de relatos. Os profesores deberán entregar a seguinte documentación nos formatos requiridos: un resumo do proceso seguido na aula (Word, máximo 150 palabras), unha desagregación do proceso seguido na aula de maneira visual (PDF, máximo 4 páxinas) e un vídeo curto (MP4, máximo 2 minutos; neste formato os profesores poden contar o que consideren necesario). O vídeo poderá compartirse mediante unha ligazón a YouTube. Os arquivos deben enviarse a través do formulario habilitado na web.
11. O prazo de presentación de relatos finaliza o 5 de xuño de 2022.

Premios
12. O acto de entrega de premios terá lugar en Valencia en setembro. A data anunciarase con antelación.
13. O concurso prevé un premio institucional para cada categoría e lingua, e un premio do público por categoría. Tamén se outorga un único premio institucional especial De ciencias e de letras, que vai dirixido ao profesorado que participase cos seus alumnos no concurso. Este ano 2022 tamén se entregan premios na modalidade de Intelixencia Artificial (para cada categoría e lingua).
14. Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura e a subscrición a revistas de divulgación. O premio De ciencias e de letras será unha experiencia relacionada co proceso de creación dun dos espectáculos ideados para a gala de Inspiraciencia. Os premios da modalidade de Intelixencia Artificial daranse a coñecer proximamente.
15. A organización do concurso resérvase o dereito de declarar deserta a convocatoria se considera que os orixinais presentados non alcanzan a calidade mínima necesaria.

Xurado e criterios de valoración
16. Para os premios institucionais designarase un xurado para valorar as contribucións e propoñer as obras gañadoras. Estará formado por persoas do ámbito da ciencia, a literatura, a arte, a divulgación, e anunciarase previamente.
A comisión organizadora traballa para que os relatos se publiquen na web. Encárgase tamén de facer a preselección de relatos que pasará ao xurado, mediante un sistema de dobre moderación.
17. Para valorar os relatos terase en conta a adecuación á temática, a calidade literaria, a orixinalidade na formulación, a estrutura e a coherencia da narración, así como o estilo, a creatividade e a imaxinación.
18. Para o premio De ciencias e de letras terase en conta a calidade do proceso de creación e selección de relatos na aula, o grao de interdisciplinariedade e de motivación do alumnado.
19. O premio do público decídese a través dunha votación en liña aberta a todas as persoas. O público premia o relato máis votado de cada categoría, con independencia da lingua na que se escribiu.
20. A votación faise sobre a mesma selección de relatos que pase ao xurado. Para votar haberá que rexistrarse. Cada persoa pode dar un voto por relato, sen restrición do número de relatos a votar, a través do formulario habilitado.

Participación
21. A participación neste concurso presupón a aceptación das bases.
22. Os relatos gañadores poderán ser publicados en medios físicos e dixitais, sempre mencionando a autoría.