Arquivo da categoría: Premios narrativa: convocatorias
Convocado o XV Premio de Narración Curta Concello de Marín
Concurso Balbino de relatos 2018
Bases da 35ª edición do Premio Xerais de Novela 2018
Bases do VIII Premio Narrativas Quentes
“1.
Poderá concorrer a este premio calquera obra narrativa inédita, sexa novela ou relatos, cunha extensión mínima de 60 folios mecanografados a dobre espazo e máxima de 150, que estea escrita en lingua galega, e que a temática teña relación co sexo, co erotismo.
2. Os traballos deberán enviarse por triplicado. Adxuntarase sempre o enderezo, teléfono e correo electrónico, e unha fotocopia do DNI en sobre á parte.
3. Prazo límite de presentación: 15 de xuño de 2018.
4. Haberá un único premio que consistirá na publicación do texto premiado. Dito premio pode quedar deserto.
5. O fallo do xurado farase público o seis de setembro de 2018, e acto seguido presentarase a edición da obra premiada.
6. Os orixinais non premiados non serán devoltos.
A obra a concurso e a documentación relativa remetirase ao seguinte enderezo:
EDICIÓNS POSiTiVAS
VII PREMIO NARRATIVAS QUENTES
Rúa das Carretas, 18, baixo
15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA”
Bases do Certame de Narrativa Curta do Concello de Curtis Ó rescate da memoria
“Na
convocatoria deste ano, preténdese homenaxear ás persoas achegadas a nós que nos rodearon ou rodean, facendo visibles certos episodios das súas vidas que de seguro enriquecerán o noso presente. Trátase dun exercicio de historia oral a través da recuperación de acontecementos importantes ou aparentemente nimios, coa intención de convertelos en relato, para investigar e poñer por escrito esas anécdotas que circulan polos ambientes familiares desde hai anos. A historia non só se constrúe de grandes relatos, senón de pezas mínimas do día a día. Historias de familia que esconden grandes verdades, alegrías e tristezas doutras épocas. Así, este ano o certame de narrativa curta do concello de Curtis céntrase en nomes propios de avoas e avós, de veciñas e veciños, de nais e pais. Porque se ben é certo que todo o mundo ten algo que contar, que menos que escoitalo atentamente… e compartilo a través dun relato!.
BASES DO CERTAME DE NARRATIVA CURTA DO CONCELLO DE CURTIS
Ó RESCATE DA MEMORIA
1. Convócase o XIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis Ó RESCATE DA MEMORIA.
2. Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.
4. Deberán enviarse escritos en formato WORD e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 carácteres (espazos incluídos).
5. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: relatoscurtis@gmail.com
Achegarase no arquivo de WORD unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.
6. A data límite de entrega é o 20 de abril de 2018.
7. Establécense dúas categorías:
A-Dos 12 ós 18 anos
B-Dos 19 anos en diante
e dous premios en metálico para cada categoría:
Categoría A: 1º premio de 200 euros
2º premio de 100 euros
Categoría B: 1º premio de 350 euros
2º premio de 150 euros
8. Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.
9. O xurado, que estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en calquera das categorías se así o considera.
10. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.
11. Convidarase ós/ás premiados/as ó acto de entrega que terá lugar no mes de xuño, e no que se agarda a súa asistencia ou a dunha persoa autorizada.
12. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.
Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: relatoscurtis@gmail.com ou chamar ó 651046603.”
Curtas: I Concurso de Contos de Fantasía en Galego
Bases do I Premio Viadutos de Novela
Bases do 27º Certame de narracións breves Manuel Murguía
Bases da XXVI edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto
“1)-
Ámbito xeográfico:
Ata 18 anos: será requisito ter empadroamento no Concello de Poio ou matricula nun centro educativo de Poio.
De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfica sempre que se cumpran as demais normas do concurso.
2)- Os traballos serán de carácter individual e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos.
3)- Cada participante poderá presentar un único traballo por modalidade.
4)- O tema será libre.
5)- Os traballos deberán ser escritos en lingua galega.
6)- As modalidades do concurso serán dúas:
Relato curto ou conto.
Poesía.
7)- A extensión dos traballos será como máximo de tres de folios por unha soa cara (para relato curto ou conto) e de un folio por unha soa cara (para poesía). Os traballos mecanografados entregaranse a tamaño de letra 12 e espazo interlineal dobre. Os traballos manuscritos entregaranse nun formato lexible.
8)- Os traballos serán entregados en calquera dos seguintes centros:
a) Oficinas municipais: presencial ou por correo certificado (Praza do Mosteiro, 1
C.P. 36995 San Xoán de Poio).
b) Centros educativos de Poio: CEIP Viñas, CEIP Lourido, CEIP Isidora Riestra, CEIP Chancelas, CEIP Espedregada e no IES de Poio.
c) Locais das Asociacións colaboradoras e membros do Consello Municipal de Cultura do Concello de Poio: S.C.D. de Raxó; S.C.D. de Samieira; Ateneo Corredoira de Combarro; Asociación Boureante de A Seara; Asociación Vides Novas de San Salvador.
10)- Entregaranse dous sobres pechados. No interior do sobre 1 incluirase o traballo a presentar. No interior do sobre 2 incluíranse os datos persoais do participante correspondentes (nome, idade, enderezo, teléfono, curso, centro). No exterior do sobre 2 deberá constar a idade, modalidade e categoría (ver punto 13)
11)- O xurado estará formado por unha representación elixida para o efecto polo Consello Municipal de Cultura. O xurado determinará a necesidade de recorrer ao asesoramento de técnicos na materia. A presidencia de honra do xurado permanecerá vacante en lembranza de D. Xaime Isla Couto. O fallo do xurado será inapelable.
12)- O Consello Municipal de Cultura resérvase o dereito de publicar e/ou facer o uso que considere oportuno dos traballos presentados.
13)- As categorías son as seguintes:
Categoría A: de 6 a 8 anos*.
Categoría B: de 9 a 11 anos*.
Categoría C: de 12 a 13 anos*.
Categoría D: de 14 a 15 anos.*
Categoría E : de 16 a 18 anos.*
Categoría F: de 18 anos* en diante.
* Idade cumprida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017..
14)- Os premios serán os seguintes:
CATEGORÍAS A, B, C, D: diploma e premio de 70 euros por cada categoría e modalidade.
CATEGORÍA E: diploma e premio de 90 euros, para cada modalidade.
CATEGORÍA F: diploma e premio de 300 euros, para cada modalidade.
15)- O prazo de entrega rematará o martes 21 de marzo ás 14:00 horas.
16)- O xurado fallará os premios o mércores 18 de abril ás 20:30 horas.
17)- O xurado poderá considerar deserto os premios do grupo F no caso de que os traballos presentados non acaden unha calidade aceptable.
18)- A entrega de premios realizarase no transcurso do acto que se celebrará o día 17 de maio de 2018 ás 17:30 h. no Salón de Actos do Centro Cultural Xaime Illa Couto (Raxó).
19)- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
A presidenta do Consello Municipal de Cultura
Lidia Salgueiro Piñeiro”














