Arquivo da categoría: Ensaio
Inma López Silva: “O feminismo é un movemento atractivo porque demostra que o debate non ten por que ser excluínte”
Entrevista
de Daniel Salgado a Inma López Silva en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Que ten de singular o machismo no campo cultural?
– Inma López Silva (ILS): É singular na medida en que se trata dun espazo do que a priori non adoitamos agardar machismo. Porque é un ámbito que consideramos politicamente correcto, en que todos somos sensíbeis e progresistas. Presuponse unha tendencia á comprensión da igualdade. Pero non é así e ten lóxica que non sexa así. Porque o patriarcado é unha estrutura que abrangue todo, e o mundo da cultura é mundo. Iso conta o libro: aínda que non esteamos dispostas a crer a priori que moitos dos comportamentos son machistas, ou que tentemos xustificalos desde outros puntos de vista, son comportamentos machistas exactamente igual en calquera outro ámbito de relación humana.
– SG: Cuestiona, dalgún xeito, ese illamento respecto do social en que a miúdo se entende que vive a cultura.
– ILS: Claro. Aínda non hai moito que estaba nun acto cultural e un alcalde dicíame: “Uf, non sabes o machismo que hai fóra. Na cultura non hai machismo”. Non, mira, na cultura hai exactamente o mesmo machismo que noutros sitios. Para desmontar un pouco esa idea, tirei de anecdotario. Os exemplos falan por si sós. Quen os pode contar? Pois unha escritora en primeira persoa. Levo toda a vida nisto e podo dar fe. E iso que non son desafortunada: tiven un certo éxito e non vivín unha situación de agresividade extrema, casos de acoso e cousas que, evidentemente, tamén hai. (…)
– SG: Chámame señora… amosa confianza na capacidade da literatura e da escritura para modificar a realidade. Esta opinión non é a máis usual.
– ILS: Sempre crin niso, se non, non escribiría. Creo firmemente na capacidade transformadora da literatura. Na posibilidade de construír mundos alternativos. As escritoras temos unha responsabilidade: amosar a través dos mundos alternativos que creamos que hai outra realidade posíbel. Que podemos pensar desde outro punto de vista. Á parte de liberador e catártico, é didáctico. Somos nós as que podemos rachar cos estereotipos e co prestabelecido. Agora está moi de moda pola serie, pero se Margaret Atwood non escribise O conto da criada -por certo, é un texto dos anos 80, que escribiu desde un punto de vista moi diferente do de agora, contra a Administración Reagan e o puritanismo-, se ela non o escribise, probabelmente moita xente non se daría de conta do extremo onde levan determinadas actitudes. E iso só se pode facer imaxinando esa posibilidade. As escritoras podemos facelo e eu considero que debemos facelo. (…)”
Vigo: “Con saias e a galope, conversa entre Inma López Silva e María Xosé Queizán
Ponteareas: presentación de Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo
A Coruña: presentación de Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), de Camilo Nogueira
Mondariz: presentación da colección Feminismos
Vigo: presentación de Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas
Pontevedra: Vermú entre libros con María Xosé Queizán
“As amigas e os amigos de Moncho Valcarce”
Desde
Sermos Galiza:
“Estaba Valcarce, o combativo crego das Encrobas, organizador de labregos e traballadores. Estaba Valcarce, o político nacionalista e de esquerda. Estaba Valcarce, orador inflamado. E logo estaba Valcarce o amigo. A esta última vertente dedican 16 artigos outras tantas autoras do libro Moncho Valcarce, un dos inesquecibles.
A obra, publicada pola Deputación da Coruña e pola Irmandade Moncho Valcarce, preséntase na Coruña esta sexta feira, 15 de febreiro, ás 20.00 horas en Portas Ártabras. Tres dos contribuíntes ao volume falarán tamén no acto: Pilar García Negro, Felipe Senén e Xácome Santos. Tamén participará Xosé Ramón Cendán. Santos, secretario da Irmandade Moncho Valcarce, explica os propósitos da obra: “Sen esquecer obviamente a parte política, queremos lembrar esa dimensión máis humana e persoal de Moncho”. Que naceu na Coruña en 1935 e morreu na mesma cidade en 1993.
“É unha achega máis no camiño de dar visibilidade a unha das persoas que tivo máis importancia e repercusión nos conflitos dos anos 70 e 80”, indica unha nota da organización da presentación na Coruña, “e contribuíu á concienciación e sensibilización da nosa sociedade nos últimos anos da ditadura e primeiros da democracia”.
Amais dos citados, colaboran en Moncho Valcarce, un dos inesquecibles Afonso Eiré, Mero Iglesias, Domingo Martínez Beiro, Emilio López “Milucho”, Gumersindo Campaña Ferro, Helena Veiguela, Manuel Pazos, Margarita Ledo, Rubén Aramburu, Erminia Estoa, Victorino Pérez Prieto, Xosé Elías Ramil e Xulio Sacristán, O libro está dedicado, ademais, á memoria do recentemente falecido Ramón Muñiz.”
Bueu: presentación de As catro estacións do relato audiovisual, de Carlos Aurelio López Piñeiro
O
15 de febreiro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester de Bueu, Carlos Aurelio López Piñeiro presenta o seu libro As catro estacións do relato audiovisual. Técnica do relato fílmico. No acto, organizado pola Libraría Miranda, participa, xunto ao autor, o profesor e escritor Salvador Castro Otero.





