“A
Directiva da Agrupaçom Cultural O Facho acordou outorgar O Facho de Ouro ao homem de bem, teólogo e historiador, Francisco Carballo Carballo, como testemunha e reconhecimento a sua longa trajectória na defesa da dignidade e da cultura do País. O acto cívico celebra-se o sábado dia 28 de Janeiro ás 7 do serám no Salom de Actos da Real Academia Galega (Rua Tabernas nº 11, A Corunha). Posteriormente, ás 9 da noite o homenageado será acompanhado numha ceia de estima a sua pessoa que se celebrará no Hotel Riaçor da Corunha. Prezo por pessoa: 30 euros. Para as reservas é preciso contactar con Rafael (telefone 698.147.851 ou mail: lobezan@yahoo.es).
No mesmo dia e na lembrança dos Precursores e, Mártires, a Agrupaçom Cultural O Facho convida-o a assistir à tradicional oferenda floral nos jardins de Méndez Núñez diante do monumento a Curros Henriquez as 12 e ½ da manhá. Na cerimónia haverá musica de gaiteiros.” Vía A. C. O Facho.
Arquivo da categoría: Entrega de premios
Rianxo: entrega dos premios Modesto R. Figueiredo de 2011
O venres 30 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Rianxo, entréganse os premios da XXXVII edición do certame Modesto R. Figueiredo de narracións breves, no que resultou gañador Amancio Liñares, con Coreografía Obama. No acto participan Adolfo Muíños, Xosé Ramón Fandiño e Xosé Luís Axeitos, contando coa presenza musical do trío Vai. Ademais dos representantes da organización e membros do xurado, estarán presentes tamén a viúva e fillas de Modesto R. Figueiredo.
Mondoñedo: entrega dos Premios Díaz Jácome 2011
“O
vigués Xurxo Martínez González recolleu en Mondoñedo o primeiro premio do certame de poesía para novos creadores Díaz Jácome, creado en homenaxe ó escritor mindoniense que fora cronista oficial da cidade. “Recibir este premio foi un recoñecemento a un traballo que non fago habitualmente, xa que o único que escribira ata o momento fora ensaio”, asegurou o gañador ó rematar o acto. O seu poema Nocturno de Mondoñedo, polo que levou 1.500 euros, praca e diploma, é, segundo el mesmo dixo, “un reflexo das lembranzas do pasado que aínda nos resultan incómodas cando as volvemos visualizar unido á sensación de soidade e tranquilidade que transmite Mondoñedo nunha tarde de outono”. Xunto a Martínez, tamén viaxou ata Mondoñedo o segundo gañador, Elías Portela Fernández, que coa súa obra titulada Lingua de lais nas chagas do vento obtivo 600 euros. “Foi toda unha sorpresa recibir este galardón, xa que os versos están baseados nunha lingua artificial: lwyma”, indicou o autor, que ós seus 30 anos xa ten publicados dous libros en galego e outro en islandés, que está sendo récord de vendas e que o próximo mes de xaneiro sairá á venda tamén en galego. A diferenza do gañador, Portela si que é un habitual escritor de poemas, sen embargo, nunca fixera pública ningunha obra nesta nova lingua que sae da mestura de conceptos e imaxes tratados “dunha maneira romántica, coma si se tratara dunha lenda ou dun romanc”. “A verdade é que non estaba moi seguro de presentar estes versos, pero ó final quedou algo interesante e decidinme”, explica. “Conseguir este premio anímame a seguir traballando con este proxecto”. O terceiro premio, dotado con 300 euros, foi para Toda a illa era un enorme penedo atlántico, de Xosé Daniel Costas Currás, que non puido estar presente onte na entrega. Estas tres obras foron os traballos máis destacados de entre a treintena de obras que se presentaron este ano, todas de moita calidade según deu a coñecer o xurado. (…)” Vía El Progreso.
Dodro: entrega do XXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Isaac Xubín
Agustín Fernandez Paz, discurso de recepción do Premio Iberoamericano SM en Guadalajara
Desde Xerais:
“Agradecemos a Xulio Abollo esta gravación que recolle o extraordinario discurso pronunciado o 29 de novembro por Agustín Fernández Paz na FIL de Guadalajara con motivo da recepción do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Un documento para a nosa historia literaria. O discurso pode descargarse en pdf aquí.”
Agustín Fernández Paz: “O xeito auténtico de escribir é facelo na lingua na que soño, que é o galego”
“O
escritor vilalbés Agustín Fernández Paz afirmou a pasada noite en México que potenciar a lectura “ten que formar parte das prioridades estratéxicas” das sociedades democráticas. Durante a súa intervención, o autor reivindicou ademais “a dignificación da literatura infantil e xuvenil”. Ao recoller o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil 2011 na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (FIL), dixo que ler é “imprescindible” para construír unha sociedade mellor, “con cidadáns críticos e responsables”. No seu discurso, o autor galego agradeceu ademais a México o acoller “hai 72 anos con tanta xenerosidade ós exiliados españois” da Guerra Civil (1936-1939). Mencionou entre eles o cineasta Luis Buñuel, os poetas León Felipe e Luis Cernuda, o novelista e dramaturgo Max Aub e os responsables da revista galega Vieiros, feita nos anos 50 do século pasado polos editores Carlos Velo e Luis Soto. Fernández Paz sinalou tamén, en declaracións a Efe, que a lectura “é a única vía” para lograr cidadáns “capaces de ser críticos e de saber construír unha sociedade”. “A leitura non hai que tomala como un adorno social máis, senón que é fundamental, esencial, está na raíz, da construción dunha sociedade democrática”, engadiu.” Vía El Correo Gallego. A través de Xerais podemos ver recensións na prensa latinoamericana.
Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Iberoamericano de LIteratura Infantil e Xuvenil
“Agustín Fernández Paz
recibiu o VII Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil rodeado de amigos escritores e editores, e acompañado pola súa filla. O acto foi un emotivo recoñecemento a toda unha vida dedicada a escribir por e para o público lector máis novo. Asistiron á entrega, celebrada nun dos salóns das instalacións da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, o seu editor de toda a vida, Manuel Bragado, así como os escritores e amigos, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, convidados pola FIL para participar en diversas actividades. A delegación galega en Guadalajara, tamén o Director Xeral do Libro, foron testigos dunha tarde inesquecible na que foi particularmente emotiva a semblanza que Mª Jesús Gil, editora e integrante da Fundación SM, realizou de Fernández Paz; unha semblanza chea de alusións á infancia e á importancia da figura do pai na carreira do escritor.O autor manifestou sentirse emocionado por estar na FIL, “un evento no cal o entusiasmo late con tanta forza que podería cambiar o mundo”. Fernández Paz agradeceu a todos a súa presenza e agradecemento por acompañalo nun día tan emocionante para el, especialmente á súa filla. Nubia Macías, Directora da FIL, díxolle a Agustín na súa intervención, que lle houbese gustado telo como profesor de Secundaria e agradeceulle que escribise para tantos chavitos que disfrutaban cos seus libros en Galicia e en outros moitos lugares do mundo. Tamén interviñeron no acto, Alicia Molina, representando ao Xurado do Premio; Fernándo Zapata, Director de CERLAC; Leoncio Fernández, da Fundación SM e Mª Jesús Gil. O galardón conta co apoio da Fundación SM, CERLALC, Oficina Rexional de Educación para América Latina e o Caribe a da UNESCO, IBBY e a OEI.” Vía Asociación Galega de Editores. Crónica no blog de Manuel Bragado.
A Coruña: entrega do Premio Repsol 2011 a Fernando Díaz-Castroverde
O
martes 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita, 17) da Coruña, Fernando Díaz-Castroverde recollerá o Premio Repsol 2011, galardón que obtivo coa súa obra Microbios e outros paquidermos, publicada recentemente por Galaxia.
Santiago: entrega do V Premio Voz da Liberdade 2011 a María Xosé Queizán
Noia: festa anual da A. C. Barbantia, e entrega dos premios Sereos
O
sábado 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia, a Asociación Cultural Barbantia, en colaboración con La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Noia presenta un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia e o Anuario de estudos do Barbanza 2011. Ao remate do acto, no que participan Manuel Cartea, Xesús Laíño, Javier Rodríguez e Rafael García Guerrero, entregaranse os Sereos, Premios Barbantia da Cultura, que este ano recaeron na Casa da Gramática, Paola García Paz e Eva Veiga.

