“As
editoriais galegas expoñen os seus libros na FIL baixo as marcas Galicia e Galician Books e dentro do stand compartido pola Asociación Galega de Editores e a Xunta de Galicia. A Cámara de Comercio da Coruña apoia a presenza dos editores cunha misión, na que tamén viaxa a Secretaria Xeral Adxunta, Ana Agras Gómez. A FIL comeza o 27 de novembro e remata o 4 de decembro. Os organizadores do evento conseguiron que sexa a Feira do Libro máis importante de Lationoamérica e tamén difundir a idea de que a Cultura é a solución. Alemania é a cultura convidada desta edición. Desprázanse a Guadalajara: Francisco Villegas, de Cumio e Ellago; Benigno Paz, de KNS Ediciones; Ainhoa A. Borrás e Pedro López, de Ideas Propias, Atanasio Murillo e Manuel Conde, de Editorial Supérate; Xosé Ballesteros, de Kalandraka; Xosé Manuel Figueiras, de Distribucións Arnoia e Victor Cando de Librerías Nobel; Manuel Bragado, de Edicións Xerais e a secretaría técnica da AGE. Dende a Consellería de Cultura desprázase o Director Xeral do Libro, Francisco López. Amosan os seus libros e novidades editoriais, Editorial Ideas Propias, Editorial El Patito, Baía Edicións, Kalandraka Editora, Ediciones del Viento, Embora Edicións, Editorial Supérate, MC Sports, Editorial Linteo, Edicións Espiral Maior, Biblos Clube de Lectores, Edicións Nova Galicia, Auga Editora, Editorial Galaxia, Ir Indo Edicións, KNS Ediciones, Editorial Everest Galicia, Edicións Xerais, OQO Editora e Edicións Toxosoutos. Disporán de stand propio na FIL: Kalandraka Editora, Editorial Ideas Propias, Distribucións Arnoia, Edicións do Cumio e Librerías Nobel.
Programa de actividades na FIL
O 27 e 28 de novembro a AGE manterá diversas xuntanzas con editores e axentes mexicanos. O 29 de novembro entrégaselle a Agustín Fernández Paz o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Está previsto que asistan o Presidente da AGE e o Director Xeral do Libro. O programa Ecos de la FIL, consistente na presentación dos autores e as súas obras a colectivos educativos, contempla a participación de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, o día 30 de novembro na Asociación de Clubs de Lectura e na Escola Secundaria nº24. O día 2 de decembro estarán en na Sala de Lectura de Colima e no Colexio Alpes Cumbres. Ese mesmo día participará tamén en Ecos de la FIL o autor premiado, concretamente na Preparatoria nº 2. Aneiros presentará a Fernández Paz na actividade El placer de la lectura, que terá lugar o día 30 de novembro. O día 1 de decembro os autores participarán nun encntro con nenos indíxenas da Serra de Durango, xunto á xornalista mexicana Lidya Cacho. Ese mesmo día e ás 6 da tarde, terá lugar Voces de Galicia, unha presentación da literatura galega na FIL.” Vía AGE.
Arquivo da categoría: Entrega de premios
A Estrada: entrega do Premio García Barros a Antonio Piñeiro
O
venres 25 de novembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal da Estrada, Antonio Piñeiro recibirá o Premio García Barros 2011 obtido coa súa novela As fiandeiras, xa publicada en Galaxia. Crónica posterior en Galaxia.
A Coruña: Memorial de Teatro Ibán Toxeiro
O xoves
24 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XV Memorial de teatro Ibán Toxeiro, coas seguintes actuacións:
– Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda coa representación de Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xoán Carlos Mexuto.
– Bucanero Teatro con Kungfundidos.
– Druída danza con O anxo exterminador.
– Entrega do IV premio Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro para o Grupo de teatro do Centro de maiores da Obra social de Caixa Galicia.
– Todo aderezado coa música en directo de Canta Compaña.
Castro Caldelas: entrega do XVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais a Carlos Callón
O
sábado 22 de outubro, ás 12:00 horas, no salón nobre do castelo de Castro Caldelas, terá lugar a entrega do XVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, dotado con 6000 euros, e organizado polo Concello de Castro Caldelas, o Concello de Allariz, a Fundación Sotelo Blanco e a Fundación Vicente Risco, e que se lle outorgou, nesta edición, a Carlos Callón pola obra titulada Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.
Ramón Villares recibe a medalla da Universidade de Lisboa como “investigador honorario”
“O
catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, recibirá este xoves 20 de outubro a medalla do Instituto de Ciências Sociais da Universidade de Lisboa como “investigador honorario”. Segundo informou a USC nun comunicado de prensa, o profesor Villares, que será presentado por José Sobral, recibirá a mención da institución no acto de apertura do ano académico. Doutor en Historia (1980) e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987, foi tamén investigador principal de cinco proxectos de investigación (CYCIT e Xunta de Galicia), así como de varios convenios de asistencia técnica.” Vía Galicia Hoxe.
Xosé Manuel Beiras nos Premios Xerais (vídeo)
Luis Rei Núñez fala dos Premios Xerais (vídeo)
O escritor na súa terra: Agustín Fernández Paz. Vilalba 2009

Máis información na web da AELG. Descargas: programa en PDF, cartaz en PDF.
Os Premios Xerais 2009 poderán ser seguidos por Internet
A cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2009, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño a partir das 19:00 horas na illa de San Simón poderá ser seguida en directo por Internet dende a páxina Blogaliza TV. Xerais conta coa colaboración de Blogaliza para poñer en marcha por vez primeira nun acto literario galego unha iniciativa coma esta. Para seguir a retransmisión Blogaliza dispuxo dunha páxina de axuda. A partir do domingo no blog de Xerais e no seu perfil de Facebook publicaranse unha selección das gravacións da cerimonia.
Carballo: espectáculo multimedia con Yolanda Castaño
Hoxe venres 29 de maio ás 21 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan, s/n) terá lugar a entrega do V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009, ao que asistirá a propia autora premiada, María Pilar García Negro. O acto consistirá nun espectáculo poético multimedia de Yolanda Castaño, un novo formato moderno e innovador para a poesía galega da man das novas tecnoloxías e unha moderna posta en escena achegada á música e ao audiovisual.