Entrevista
a Xurxo Souto en Radiofusión:
“”Un saúdo para Sillobre, a terra onde pasou a infancia e onde se iniciou na música, Sito Sedes, o máis grande, discípulo avantaxado de Pucho Boedo” afirma o escritor Xurxo Souto, acordeonista e músico impulsor de “Os Diplomáticos de Monte Alto”. “Recomendo especialmente visitar A Chencha na rúa San Xosé da Coruña, onde Xulio explica a pena na que se colleron os percebes que sirve”, afirma Xurxo Souto, que no seu libro Contos da Coruña (reeditado por Xerais en 2017) fai un periplo tasqueiro por locais emblemáticos da cidade herculina, polos templos do sibaritismo enxebre.
Dirixiu A tropa da tralla en Radio Coruña e Aberto por reformas na Radio Galega, converténdose nunha icona no mundo da radio en Galicia. En Contos da Coruña Xurxo fala do Erkowit, mercante varado en Bastiagueiro o 31 de outubro de 1970 cunha carga de insecticida que causou a desgraza na ría e especialmente en Lorbé. Souto lembra cando a maior plataforma petrolífera do planeta Terra Discoverer Enterprise decidiu soltar amarras e aparcou na ponte das Pías. No club de lectura de Radio Fene Radiofusión falamos deste libro con Xurxo Souto e tamén con Esther Val, Andrés C. M. Riveira e Emilio Romero. “O mar non é poesía, é traballo e esforzo” díxolle un patrón de pesca a Xurxo. A ferradura, o mar das galiñas, a cona da vella son nomes de caladoiros do Gran Sol coñecidos como a palma da man polos mariñeiros galegos. “Vivimos nunha parte do mundo realmente marabillosa” conclúe o promotor de Os Diplomáticos de Monte Alto.”
Arquivo da categoría: Entrevistas
María Reimóndez publica Galicia en bus
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
““Estamos vivindo procesos permanentes de agresión ao común”. María Reimóndez publica Galicia en bus. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Siro e Félix Caballero acaban de publicar Falemos de caricatura
Desde
Chamando á terra da Radio Galega:
“Entrevista a Siro e Félix Caballero, que acaban de publicar Falemos de caricatura. Pode escoitarse aquí.”
Xosé Ballesteros: “Publicar para a infancia tamén supón opcións políticas e ideolóxicas”
Entrevista
de Daniel Salgado a Xosé Ballesteros en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Segue a haber prexuízos contra a literatura infantil?
– Xosé Ballesteros (XB): Iso é como se alguén di que a educación infantil é algo menor, cando está comprobado que a base da cultura dunha persoa e da súa capacidade de desenvolvemento psicolóxico integral ten que ver con como te educan nos primeiros anos da túa vida. A literatura infantil é algo menor, por que? Todos temos lecturas de cando eramos nenos, e a nosa cultura ten unha base que son as lecturas que fixemos de pequenos. Se ti de rapaz tes acceso a grandes obras da literatura pensadas para a idade psicolóxica na que vives, e vante acompañando e tes posibilidades mesmo de escoitar música e ter unha formación musical artística, teatral… Se desde pequeno van cultivándote como se cultiva unha planta ou unha árbore, terás unha vida moito máis rica que se estás todo o día diante dun televisor mirando programas lixo. O que si me preocupa é a pouca visibilidade da literatura infantil nos medios. Aí si que hai prexuízos.
– SG: A literatura infantil como rama menor da cultura.
– XB: Nós somos editores e buscamos a calidade literaria e plástica. Non só para os nenos. Cando publicamos para adultos, cando publicamos a biblioteca de pedagoxía, cando publicamos teatro, queremos publicar o mellor dentro das nosas posibilidades. Hai outras editoras, e non estou pensando nas galegas que abondo teñen con existir, no Estado español que publican Cuentos tradicionales para niños de seis años, color azul; Cuentos tradicionales para niñas de seis años, color rosa. É un mundo complexo e hai xente que publica para nenos e só lles interesa o consumo. E hai outros que queremos publicar non só para o lecer senón para contribuír á evolución integral da persoa. Non chegamos aquí da nada. Temos referentes. E somos un proxecto que sabemos que existe Rodari e a súa Gramática da fantasía, pero tamén sabemos que existiron as Misións Pedagóxicas, a Institución Libre de Enseñanza, os mestres republicanos represaliados. Considerámonos herdeiros deses movementos da escola máis renovadora e de editoras como Felicidad Orquín ou a propia Esther Tusquets. Como di Orquín, ela decidiu ser editora como opción política. Nós seguímolo tendo claro. Publicamos libros e temos claro que publicar para a infancia tamén supón opcións políticas e ideolóxicas. E asumimos esa función social e transformadora. (…)”
Suso de Toro: “Eu creo no poder da literatura, da palabra”
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O autor presenta Fóra de si, unha novela que lle serviu para reconstruírse como escritor. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Xesús Rábade Paredes publica Memoria do corpo
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Memoria do corpo, un libro confesional atravesado de vetas políticas. Xesús Rábade Paredes: “Hai cortes xeracionais inadmisibles”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Podcast de Chamando á Terra, 19 de maio de 2018
Desde
o Chamando á Terra da Radio Galega:
“Nova emisión do programa dirixido por María Solar. Conversa con Diego Ameixeiras sobre A crueldade de abril, e co debutante Abel Tomé con A noite do corvo. A nosa colaboradora Malores Villanueva recomendaranos A ferida do vento de Antón Riveiro Coello. E Alba Cid a poesía de Antón Lopo en Corpo e Ana Romaní en Estremas. E aínda dará tempo de oir un “cachiño” de A vaca dixo muá de Gloria Sanchez.
Esperámoste! Pode escoitarse aquí.”
Diálogos María Victoria Moreno: Isabel Soto
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Diálogos María Victoria Moreno: Isabel Soto. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018, en Nós Televisión
Entrevistas con Isabel-Clara Simó no Zig-zag e no Diario Cultural
“Nesta
Gala do Libro, a escritora catalá Isabel-Clara Simó recollerá o Premio de Escritora Galega Universal. Ela declarouse moi feliz con este recoñecemento que, segundo os seus promotores, pretende ser un acto de amor fraterno coa lingua e co compromiso ético que encarna a escritora premiada.
Aquí pode verse a entrevista á autora no programa Zig-zag, e nestoutra ligazón a entrevista no Diario Cultural.