Ourense: Auria. Semana da Literatura Histórica, entre o 10 e o 17 de outubro

Entre os domingos 10 e 17 de outubro desenvólvese na carpa instalada no Xardín do Posío en Ourense Auria, Semana da Literatura Histórica, feira que quere pór en valor o xénero que lle dá nome e satisfacer o interese de lectores, escritores, editores e profesionais. Nos andeis da mostra poderanse ver as novidades das editoras Alvarellos, Nigra Trea, Xerais, Galaxia, Ir Indo e Ouvirmos. Canda actividades como ciclo de cine sobre nomes da historia, actos de animación, mesas redondas, conferencias ou sinaturas de libros, haberá un Premio Novela Inmortal, que lle da a palabra aos lectores para escoller cal, entre as dez obras propostas, merece recibir este palmarés. O galardón quedará inmortalizado nun monolito no parque da Praza Bipo Cesáreo (Alameda alta) de Ourense. Os obxectivos de Auria son múltiples: divulgar o xénero e as súas novidades, dar a coñecer ao público os autores máis prestixiosos e descubrir os novos valores, analizar o fenómeno e o seu éxito e establecer pontes entre historia e literatura. O programa completo pódese descargar neste ficheiro .pdf: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.

A Feira do Libro Liber acollerá a produción literaria de 23 editoras da AGE

Liber, a Feira de libros máis importante do estado, celébrase este ano no recinto feiral Gran Vía da Fira de Barcelona do 29 de setembro ao 1 de outubro. Serán un total de 23 as editoras asociadas á AGE que amosen as súas novidades nos andeis do stand patrocinado pola Consellería de Cultura e Turismo e que está situado no Pavillón 1. Rúa D. Número 451. Son: El Patito Editorial, Alvarellos Editora, Editorial Netbiblo, Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira, Editorial Toxosoutos, Edicións Laiovento, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Ediciones Linteo, Hércules de Ediciones, Edicións Embora, Andavira Editora, Baía Edicións, Nova Galicia Edicións, Ideaspropias Editorial, Rinoceronte Editora, Editorial Galaxia, Biblos Clube de Lectores, OQO Editora, Editorial Everest e Edicións Nigra Trea. Vía Asociación Galega de Editorais. Tamén se pode consultar esta reportaxe do Faro de Vigo.

Carballo: Praza dos libros actos do 27 de agosto

Dentro das actividades da Praza dos libros de Carballo, este venres 27 de agosto, desenvólvense as seguintes actividades:
19:30 h. Sinaturas de: En clave de sol, publicado por Lumieira, por parte de Rosalía Fernández e Mon Lendoiro; as obras de Alberto Varela Ferreiro (as primeiras 60 persoas que se achegaren a asinar un libro deste autor, serán agasalladas coa súa obra 1809. A rebelión Neria; e de O náufrago, publicado por Sotelo Blanco, por parte do seu autor, Xosé Antonio Pet Posse.
20:30 h. Presentación de Covalladas. Prosa vertical, de Xurxo Borrazás, publicado en Galaxia, na que participan Belén Puñal e o propio autor.

Carballo: Praza dos libros, actos do xoves 26 de agosto

Do xoves 26 de agosto ao domingo 29 desenvólvese no Xardín Municipal outra edición da Praza dos libros, feira literaria que se vai consolidando como un dos máis orixinais espazos culturais ano tras ano, organizada polo Concello de Carballo. Estará aberta de 10:30 a 14:30 h., ás mañás, e de 17:30 a 21:30 h., polas tardes.
Os actos máis relevantes do primeiro día, xoves 26, son:
Ás 13:00 h., inauguración e pregón a cargo de Yolanda Castaño.
Ás 19:00 h., contacontos en verso para nenos/as, a cargo da mesma autora, a partir das aventuras do verme punki Punver (Galaxia).
E ás 20:30 h., Teresa Moure presenta A intervención, publicado en Xerais, cunha videoinstalación da súa autoría, acompañada polo libreiro Antón Pedreira.

O programa completo da feira pódese descargar aquí.

Monforte: actividades do xoves 26 de agosto na Feira do Libro

Dentro do programa de actos da Feira do Libro de Monforte (na rúa do Cardeal), o 26 de agosto realizaranse os seguintes:
19:00 h. Ricardo Gurriarán presenta Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968, publicado en Xerais, acompañado por Manuel Bragado.
20:00 h. Xabier Quiroga presenta a súa novela máis recente, O Cabo do Mundo, Premio da Crítica 2010 no eido da narrativa, publicada en Xerais, tamén acompañado por Manuel Bragado.

Monforte: inauguración da Feira do Libro o mércores 25 de agosto

En Monforte desenvolverase a XIII edición da Feira do Libro do mércores 25 de agosto até o sábado 28, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas todos os días.
Na primeira xornada, o acto de inauguración será ás 18:00 horas, a cargo de Xosé Manuel Pereiro. Logo, ás 20:30 h., Marcos Calveiro asinará exemplares do seu libro Settecento e do resto da súa obra.
O programa completo da Feira pódese ver aquí.