“Con motivo do 50 cabodano de Virxinia Pereira, a Asociación Cultural “Vagalumes” vai lembrar esta muller estradense que pagou co exilio e o espolio dos seus bens o seu compromiso coa causa do nacionalismo galego e a defensa da democracia. Como compañeira de Castelao percorreu o mundo desde Moscova até Nova York, de Cuba a Arxentina, na guerra e no desterro, leal aos ideais da defensa do dereitos de Galiza e das liberdades.
Por todo isto, o luns 23, data do aniversario da súa defunción, temos previsto facer unha homenaxe diante da súa tumba no cemiterio da Estrada ás 17:00 h. e, posteriormente, ás 20:30 h., na sala de exposicións do MOME, un acto de lembranza para dar a coñecer a vida e pensamento desta muller. O acto consistirá nunha intervención escénica baseada nunha entrevista a Virxinia que rescatamos do xornal El Progreso de Lugo do ano 1968. Tamén intervirá no acto a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña, que vén de publicar un traballo de análise da correspondencia de Virxinia; e Xoán Carlos Garrido, quen falará sobre a relación de Virxinia co noso Concello.”
Arquivo da categoría: Homenaxes
Compostela: Luciferio, homenaxe a Luz Fandiño
A Coruña: 10º Día Lugrís
Friol: “Cultura e humor. Cilistro, veciño de Friol, filósofo do mundo”
Compostela: María Xosé Queizán. Homenaxe a Rosa Luxemburgo, o 31 de outubro
Eira da Xoana (Ramil, Agolada): Homenaxe a Isaac Alonso Estraviz
Pontevedra, cidade lorquiana, actividades previstas entre o 24 e o 26 de outubro
A AELG realiza unha ofrenda floral a Rosalía como acto institucional para recibir unha delegación de alumnado da Universidade Estadual do Ceará (Brasil)
O 17 de outubro a AELG realizou unha homenaxe floral a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, coa participación do seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, no marco das relacións coa Universidade Estadual do Ceará (Brasil) e o Centro de Estudos Turísticos da Universidade de Santiago de Compostela. Para a AELG, esta ofrenda floral á nosa poeta nacional é o máis relevante acto institucional que unha cultura pode ofrecer a outra cultura irmá.
Un grupo de alumnado da institución brasileira visitou Compostela entre o 14 e o 18 de outubro tivo lugar o un curso de Planificación turística comparada e experiencias internacionais en materia de turismo, no que A elección de Galicia como destino do curso baseouse na proximidade lingüística entre galego e portugués, tal e como indicou Jakson Renner Rodrigues Soares, investigador na USC e director do curso, ofertado polo Centro de Estudos Propios da USC (CEP).
A Universidade Estadual do Ceará é a universidade pública máis destacada do Nordeste brasileiro e conta con 24.000 alumnas e alumnos. Está situada en Fortaleza, na capital do estado, que destaca polo potencial do seu turismo litoral. Millóns de persoas acoden todos os anos ás praias e paraxes de Ceará, así como aos festivais e outros eventos que teñen lugar na rexión. No marco da colaboración coa USC, a UECE acolleu en maio deste ano a Semana das Letras Galegas, que contou coa presenza de Uxía Senlle e Cesáreo Sánchez Iglesias.


















