Entrevista a Iria Misa, autora de Xa non estou aquí

Desde iria-misao Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Pilar García Rego entrevista a Iria Misa, autora de Xa non estou aquí, obra gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. Xerais acaba de publicar o libro, que ten como protagonista a Ánxela, unha moza que repite primeiro de bacharelato obrigada polos seus pais. A historia versa sobre as inseguridades típicas da adolescencia. Pode accederse á entrevista aquí.”

Ourense: Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia, con Susa Herrera

Abannerciclolix AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Todas as sesións comezan ás 17:00 horas na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense). A inscrición é gratuíta. Para obter diploma de asistencia pódese contactar neste correo: imocino@uvigo.es

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño e Susa Herrera (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), finaliza co seguinte relatorio, que desenvolverá a temática que se detalla a continuación:

9 novembro | Susa Herrera | Músicas agochadas
Música e poesía para a infancia, a súa importancia para futuros docentes de infantil e primaria.

Obxectivos:
– Continuar co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil iniciado en outubro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Ourense), que tivo unha media de asistencia a cada sesión de 100 persoas.
– Dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música á infancia e adolescencia.
– Divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras (autoras, ilustradoras), aspecto fundamental entre futuro profesorado da Educación Infantil e Primaria.
– Reforzar as carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa poesía e a música na etapa da Educación Infantil e Primaria.
– Desenvolver coloquios/conversas coas creadoras participantes (autoras textuais, da ilustración, da música que acompaña os libros infantís…) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes coa percepción que se ten da súa producción.
– Tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos/as, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a educación estética e musical.
– Visibilizar a poesía e a música para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.
– Valorar o papel do profesorado e a escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

Ciclo de música e poesía foto

Fran Alonso: “O dominio da linguaxe é unha forma de poder”

EntrevistaFran Alonso a Fran Alonso en La Voz de Galicia, desde Xerais:
“O escritor participa hoxe nunha nova charla do Ciclo de Literatura Infantil Música e Poesía dende a primeira infancia. (…)
– La Voz de Galicia (LVG): -Como se achega a poesía aos nenos?
– Fran Alonso (FA): O primeiro é mostrala como algo moi próximo, moitas veces máis do que lles parece. A poesía está na vida. Acompáñanos dende que nacemos, dende as nanas e arrolos, nas letras dos xogos e cancións infantís. Tanto a infancia como a adolescencia son dous momentos fundamentais para conectar coa poesía. Pero moitas veces os propios adultos somos os que lle temos medo. Parece que nos afastamos dela porque lle temos respecto.
– LVG: Por que hai tantos tópicos coa poesía?
– FA: En parte hai unha visión acorada no pasado. Vén dende o romanticismo. Ás veces os propios poetas provocámolas e facemos que perduren. Que se vexa ao poeta como un ser superior que está conectado con deuses de todo tipo [ri], cun perfil elitista. E é todo o contrario. Dicía Celso Emilio Ferreiro: «A poesía está nas cousas que nos acompañan a diario».
– LVG: Que ofrece este estilo literario ao rapaces?
– FA: Moitas cousas. A poesía está no xogo, mesmo na publicidade que usa as súas formas para impactar no espectador. Os nenos debe ser conscientes de que xogando coa palabra se domina. E o dominio da linguaxe é unha forma de poder á que pode acceder calquera. Nada nos fai máis poderosos que dominar a linguaxe, poder dicir exactamente o que queremos dicir. E cando o neno é consciente disto refórzao en todos os sentidos. Os lemas políticos tamén o fan. No libro O meu gato é un poeta, falo un pouco disto. Hai pouco estaba fascinado cunha pancarta que vía cando ía ao traballo que dicía: ‘Eles prometen a lúa, nós defendemos á terra’. Paréceme excepcional como unha protesta social, tan crúa, utilizaba a poesía para mostrarse. Vese que serve para falar de todo e que pode utilizar todo tipo de palabras. Incluso ‘Merda’, que foi utilizada para un poema de Celso Emilio Ferreiro.
– LVG: Cal é o papel dos mestres?
– FA: É fundamental que os futuros mestres transmitan o amor pola poesía, sen ter tan en conta o contido.”

Noia: presentación de Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias

Odavid-perez-iglesias-todo-o-tempo-do-mundo venres 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Rúa Corredoira de Luís Cadarso, s/n.), en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, publicado en Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participan, xunto ao autor, Agustín Agra e Manuel Bragado.

Ourense: Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia, con Fran Alonso

Abannerciclolix AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Todas as sesións comezan ás 17:00 horas na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense). A inscrición é gratuíta. Para obter diploma de asistencia pódese contactar neste correo: imocino@uvigo.es

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño e Susa Herrera (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), continúa co seguinte relatorio, que desenvolverá a temática que se detalla a continuación:

2 novembro | Fran Alonso | Poesía, a música da vida
A experimentación poético-musical ao redor da lírica.

Obxectivos:
– Continuar co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil iniciado en outubro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Ourense), que tivo unha media de asistencia a cada sesión de 100 persoas.
– Dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música á infancia e adolescencia.
– Divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras (autoras, ilustradoras), aspecto fundamental entre futuro profesorado da Educación Infantil e Primaria.
– Reforzar as carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa poesía e a música na etapa da Educación Infantil e Primaria.
– Desenvolver coloquios/conversas coas creadoras participantes (autoras textuais, da ilustración, da música que acompaña os libros infantís…) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes coa percepción que se ten da súa producción.
– Tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos/as, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a educación estética e musical.
– Visibilizar a poesía e a música para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.
– Valorar o papel do profesorado e a escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

Ciclo de música e poesía foto

Entrevista a Xosé A. Neira Cruz, hóspede da residencia de artistas situada no Mosteiro de Montecassino (Italia)

Xosé Neira Cruz é o primeiro convidado da residencia de artistas que acolle o Monasterio de Montecassino situado na rexión do Lazio, con motivo dun festival dedicado a Dante Alighieri. A web italiana Insula Europea acolle unha entrevista ao escritor realizada por Marco Paone onde fala, entre outras cousas, da súa traxectoria como autor e do seu vencello con Italia.

paone-neira-cruz-1paone-neira-cruz-2paone-neira-cruz-3-0-0