O xoves
24 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XV Memorial de teatro Ibán Toxeiro, coas seguintes actuacións:
– Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda coa representación de Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xoán Carlos Mexuto.
– Bucanero Teatro con Kungfundidos.
– Druída danza con O anxo exterminador.
– Entrega do IV premio Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro para o Grupo de teatro do Centro de maiores da Obra social de Caixa Galicia.
– Todo aderezado coa música en directo de Canta Compaña.
Arquivo da categoría: Música
Vigo: presentación de Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso
O
mércores 23 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 2), preséntase o libro Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xulio Gómez, Marià Arbonés e Manuel Bragado.
Santiago: recital poético Picaversos, con Deborah Vukusic, Carlos Santiago e Snob Megalove
O
martes 22 de novembro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, e baixo o lema Músicas, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos. Os tres lectores convidados a continuar este ciclo de lecturas son Deborah Vukusic, Carlos Santiago e Snob Megalove. Como novidade nesta convocatoria, o público pode participar na escolma dos textos para a folla voandeira Músicas a través do blogue Picaversos. A entrada custa 2 euros.
Nova Polafía en Monte Alto, A Coruña, o sábado 26 de novembro
O sábado 26 de novembro, ás 19:30 horas, no Club do Mar de Santo Amaro (Monte Alto, A Coruña) a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza unha nova edición das Polafías:
Monte Alto, Monte Alto,
porque aquí a alma ten forma de barco
O pregón de Monte Alto, Manuel Rivas e Os Diplomáticos de Monte Alto.
Contos, cantos e historias do mar da Coruña, coa participación de Emilio Mariñas (sabio percebeiro) Serafín Mourelle (patrón do Gran Sol), Luís Dopico (patrón de baixura), Xurxo Souto, Moncho do Orzán, Manuel Lugrís, Isidro Novo, Comparsa Monte Alto a 100, coro Cántigas da Terra, e aínda máis amigas e amigos co seu saber contar e cantar. Tamén terá lugar a proxección do vídeo A recuperación microtoponímica da Peninsula da Torre, elaborado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A entrada será de balde. Colaboran: o Club do Mar de Santo Amaro, a Asociación de Veciños Barrio de Monte Alto, Cántigas da Terra e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Patrocina a Deputación da Coruña.
A Coruña: presentación de A vida fóra, de Miguel Sande
O
martes 22 de novembro, ás 19:30 horas, no Kiosko Alfonso da Coruña, preséntase a novela de Miguel Sande A vida fóra, publicada na Editorial Galaxia. No acto, en que participan, xunto ao autor, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Luís Vilela e Carlos Lema, actuará un grupo de violinos e canto do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e outras sorpresas. Crónica posterior en Galaxia.
Foz: recital poético-musical en homenaxe a Manuel María
O
venres 18 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Foz (Avenida da Mariña, 16), a Escola de Música Municipal e a Delegación de Cultura do Concello de Foz organizan un acto poético musical en homenaxe ao poeta Manuel María co gallo dos 45 anos de Versos florecidos en louvanza de Foz, gañadores dos I Xogos Florais do ano 1966. Como relator estará Suso Fernández e os poemas musicados serán cantados por Arcadio Mon. Todos os asistentes recibirán un exemplar dos Versos florecidos.
A Coruña: presentación de Átonos, de Rosalía Fernández Rial
O
venres 18 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o poemario Átonos, de Rosalía Fernández Rial. No acto estará acompañada polo músico Serxio Moreira.
Tui: recital poético de novas tendencias
O
venres 18 de novembro, a partir das 22:30 horas, en La Fabriquería – Espacio Creativo de Tui, terá lugar un recital de tres grupos que experimentan con novas formas de transmitir a poesía; María Lado e Lucía Aldao, Ledicia Costas e Daniel Landesa coa colaboración de Nuria como bailarina e, de novo neste espazo, Maus Vizinhos (Nolim González e David) presentando novas pezas da súa Poesia eletrônica.
Santiago: espectáculo A porta entreaberta ou as balas do desexo, do grupo Ouriol
O
mércores 16 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite (Biblioteca do Centro) de Santiago de Compostela, o grupo Ouriol (formado polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez e a poeta Eva Veiga) representará o espectáculo poético-musical A porta entreaberta ou as balas do desexo, con poemas de Lois Pereiro, que contará tamén coa participación artística na creación de imaxes do pintor Alfonso Costa.
A Coruña: presentación de A lenda de Cuaima e Mohan, de Xan Eguía
O mércores
16 de novembro, ás 20:00 horas, no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (Avenida de Arteixo, 171) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o libro A lenda de Cuaima e Mohan, de Xan Eguía, publicado en Sotelo Blanco Edicións. Posteriormente terá lugar un concerto do trío musical Cebrañú y los Sauriodrilos expectantes, con Kaze, Kale Thumström e o propio Xan Eguía.
