Arquivo da categoría: Música
Compostela: Dia da AGLP 2023
Canido, Ferrol: Dia da criança galegofalante
Lugo: Faladoiros da Memoria 2023, o 26 de outubro
Vinculada aos actos dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2023, actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
FALADOIROS DA MEMORIA 2023
Homenaxe a Dorothé Schubarth
O acto celébrase no marco da VIII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo, o xoves 26 de outubro ás 19:00 h., no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
Coa participación de:
– Branca Villares, música, cantante e recompiladora.
– Richi Casás, músico.
– Sergio de la Ossa, musicólogo, profesor e guitarrista.
– Germán Díaz – Peche Musical
– Presenta e modera: Lois Pérez
Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2023
A Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2023 conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestra e Mestre da Memoria 2023 respectivamente a Mercedes Vázquez Saavedra e Xan do Vilar, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.
As distincións entregaranse no marco da VIII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, que terá lugar en Lugo, o 27 de outubro, no Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n) a partir das 18:00 horas, con entrada libre até completar capacidade.
No acto, conducido por Lois Pérez, participarán Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Espín de Doncos, quen lerá a laudatio de Xan de Vilar, e Aser Álvarez, quen lerá a laudatio de Mercedes Vázquez Saavedra.
Pontevedra: VIII Xornada de Onomástica Galega. A onomástica e a cultura popular, o 21 de outubro
Ourense: Adela Figueroa presenta A quadratura do círculo, o 11 de outubro
Lugo: Letra das Festas. San Froilán 2023 (Revista oral do San Froilán), o 9 de outubro
A Letra das Festas. San Froilán 2023 (Revista oral do San Froilán) conta co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Chega a edición número 13 da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, baixo o título Arquitecturas efémeras do San Froilán. Lembranza da paisaxe efémera do feiral: carruseis, teatriños, atraccións, gabinetes, consultorios e túneles do inferno.
Terá lugar o luns, segunda feira, 9 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).
A entrada é de balde até completar capacidade.
Participan:
– Dina Pérez
– Jorge Salvador
– Alberte González
– Ana Carreira
Ambientación musical:
– Saulo Sause
Coordinación e presentación:
– Lois Pérez