Arquivo da categoría: Narrativa
A Coruña: presentación de Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal
O venres 22 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Fidel Vidal presenta a súa novela Un asasino felizmente casado. No acto estará acompañado por Ánxel Vázquez de la Cruz, Manuel Fernández Blanco e Miguel Anxo Fernán-Vello.
Vigo: presentación de Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso
O venres 22 de abril, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240) de Vigo, preséntase Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa curta Ánxel Fole, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Marcos Calveiro e Manuel Bragado.
Cangas: presentación de Historia do nobre Ponto, traducida por Henrique Harguindey
Ferrol: presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
A idade adulta? da fantasía en galego, por Xosé Duncan
Artigo de Xosé Duncan en Lermos.gal:
“(…) O que podedes ler a continuación non é unha entrevista nin unha reportaxe (por isto de non caer na monotonía) senón, máis ben, unha reflexión. Levoume a ela varias cousas. A primeira é a miña constante teima de me queixar do reducido número de lectoras e lectores que hai en galego; a segunda, a convicción que temos algúns sobre o menosprezo do xénero fantástico e, a última, os éxitos que están a ter grandes escritoras e escritores no campo da LIX galega e que fan que miremos, aínda máis, cara os marabillosos cadernos ilustrados concibidos para as crianzas. Digo ‘aínda máis’ porque non é a primeira vez que esta reflexión me vén á cabeza.
Tería que volver a vista atrás catro ou cinco anos cando, antes da aparición de Contos Estraños e do selo Alcaián de Urco Editora, se me dera por analizar a presenza nas librarías e nas feiras da fantasía en galego. Nesa época podíase constatar a fortaleza que tiña Kalandraka no ‘albúm ilustrado’ para o público infantil e a aparición esporádica dalgún que outro título nalgunha que outra editorial (case sempre xustificado por un certame creado con tal fin). A escena non era outra que a literatura fantástica en galego era sinónimo de LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) malia que, por desgraza, tirando máis a infantil que a xuvenil. E non o digo como desprestixio nin crítica senón como consecuencia de considerar que a masa lectora adolescente ten unha maior comprensión que a necesaria para ler Gerónimo Stilton ou, mesmo, Os cinco. E tampouco o digo por ter unha estima desmedida pola mocidade actual (en xeral), senón porque así debería ser xa que, hoxe en día, a súa antiga cota de mercado está ocupada pol@s nov@s preadolescentes. Si, esa rapazada que o sistema se empeña en lanzar ao consumismo voraz cada vez con menos idade.
Considerando que isto é certo, calquera podería supoñer que esa masa adolescente constitúe un mercado de moito peso e importancia. E non só iso senón que, ademais, deberíase subir o listón da comprensión lectora e supoñer que con dezaseis aniños cumpridos, e sendo fans de sagas como Crepúsculo, Os xogos da fame e/ou Diverxente, malo será que non queiran facer uso da LIX até niveis case de adultos (como por idade, hormonas, neuronas e entendemento lles correspondería). (…)”
Manuel Núñez Singala: “Ían ser quince páxinas, pero a historia tirou de min e son 300”
Entrevista a Manuel Núñez Singala en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Que aporta de diferente [Camiños na auga] ao resto das súas obras?
– Manuel Núñez Singala (MNS): Esta é unha novela extensa, o que xa é unha certa diferenza. Nas outras, ademais, a lingua, Galicia, a maneira de ser dos galegos tiñan unha certa importancia e, esta vez, é unha historia que transcorre en África na súa totalidade. O protagonista é un negro albino, co cal non aparece a palabra galego en toda a novela.
– LVG: ¿Por que este xiro?
– MNS: As historias teñen que ser interesantes, pero non teñen que transcorrer aquí. Hai temas que son universais que se poden proxectar dende aquí ou non, e na literatura galega pódense tratar temas propios e doutros sitios.
– LVG: ¿Por que escolleu África como referente?
– MNS: -Lin nun xornal unha nova dun albino que chegou a Canarias e que, ademais, conseguiu asilo porque os albinos en África están moi perseguidos. El chegou a Canarias, pero os emigrantes están chegando a todas as partes, e quería reflexionar un pouco sobre eses periplos, que pensa esa xente, de onde ven, que é o que busca, para ir máis alá desa percepción que algúns teñen de que veñen a quitarnos o traballo. Eles buscan o mesmo que buscabamos os galegos hai anos en América ou Europa. É xente moi valiosa, que ten iniciativa e nós mirámolos con certo desprezo, como se foran cidadáns de segunda clase, cando estou seguro de que son xente moi interesante. (…)”
Portas: acto de homenaxe a Domingo Fontán, con Marcos Calveiro, o domingo 17 de abril
Redondela: presentación de A cacería, de Amadeo Cobas
O venres 15 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura da Xunqueira, en Redondela, preséntase o libro A cacería, de Amadeo Cobas, publicado en Xerais, novela gañadora da VI Edición do Concurso Internacional de Novela Cidade Centenaria de Ribeira. No acto participan, xunto ao autor, Margarita Fernández Neira e Manuel Bragado.