Arquivo da categoría: Narrativa
Marín: presentación de Dragal IV. A estirpe do Dragón, de Elena Gallego
O mércores 27 de maio, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa Caracol, 36), terá lugar a presentación do libro Dragal IV. A estirpe do Dragón, de Elena Gallego Abad, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Héctor Silverio e Manuel Bragado.
Vigo: Paseos polo Vigo literario, o 23 de maio, con Francisco Castro
Paseos polo Vigo literario é unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Todos os paseos con saída ás 11:30 horas.
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán).
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50.
Sábado, 23 de maio: Francisco Castro
Saída: Praza da Constitución.
Desde a Praza da Constitución desprazarémonos ata a Porta do Sol, ao edificio onde estaba ubicado El Pueblo Gallego, que serviu de inspiración para recrear o Eco de Vigo, o xornal onde traballa o pai do protagonista. Baixaremos cara o Teatro García Barbón, para parar na antiga sede da churrería ‘Bonilla’ de camiño cara á rúa Luis Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela Tes ata as 10. A Praza de Compostela-Alameda e o Porto Deportivo encamiñarannos cara á estatua de Xulio Verne, protagonista da cidade e da novela Tes ata as 10.
Elena Gallego: “Agora creo en dragóns”
Xenealoxía do fantástico, entrevista a Dolores Vilavedra
Entrevista a Dolores Vilavedra en Cultura Galega:
“- Cultura Galega: Segue a ter a nosa literatura aquelas características do fantástico que a caracterizaron con escritores como Álvaro Cunqueiro ou Ánxel Fole? Ou ficaron xéneros como a fantasía ou a ciencia-ficción relegados a públicos máis pequenos, ou marcados por unha idade? Esta é a pregunta que nos facemos esta semana.
– Dolores Vilavedra: “Vexamos, a súa presenza é minoritaria dentro do minoritaria que é a literatura galega”, avanza Dolores Vilavedra, profesora da USC e especialista en literatura galega contemporánea, “pero para compensar adoitar ter un público moi fiel, e isto é o que lles permite sobrevivir”. Estamos falando sobre os xéneros pulp, os xéneros de literatura considerada de masas e a súa presenza na literatura galega. Tamén dos xéneros que exploran a fantasía máis imaxinativa sen límites.
“A fantasía é un territorio no que nos sentimos moi cómodos. En primeiro lugar porque é un territorio moi amplo, moi híbrido por definición”, sinala Vilavedra, “e a nosa literatura é hibrída por natureza, así que se sinte cómoda”. O ronsel dos Cunqueiro, Fole é alongado e distante. “Hai unha xenealoxía privilexiada para o xénero fantástico”, sinala Vilavedra, aludindo á longa tradición imaxinaria na literatura galega.
Para Vilavedra, a literatura infantil-xuvenil é un dos espazos onde mellor se canalizou a presenza contemporánea do fantástico na literatura galega. “Este é un público consolidado, no sentido de que hai unha demanda articulada” que aproveita, segundo Vilavedra, o boom do fantástico xenerado nos anos 80-90 na literatura galega. (…)”
Flash-Black 13, os mellores reltatos fantásticos de Ramón Caride
Catalunya: actos arredor de Dragal, de Elena Gallego
Nesta semana terán lugar varios actos arredor da edición catalá de Dragal I e II, de Elena Gallego:
– Mércores 20 de maio:
– 15:30 h. Clube de Lectura Al Mirasan. Grupo de 60 alumnos de segundo de ESO.
– Xoves 21 de maio:
– 10:00 h. Club de Lectura na Biblioteca Antonio Martín (El Prat de Llobregat). 125 alumnos (6º curso de primaria) das escolas Bernat Metge, Col·legi Mare de Déu del Carme e Escola El Prat I.
– 18:00 h. Presentación en Racó del Llibre (Rubí).
Venres 22 de maio:
– 11:30 h. IES Sabadell. 120 alumnos de 2º de ESO (e 5 ou 6 profesor@s).
Sábado 23 de maio:
– 12:00 h. Clube de Lectura na Biblioteca Central de Terrassa.
Betanzos: presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde
Xurxo Souto: “O Atlántico é un círculo”
Compostela: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
A cuarta feira 20 de maio, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, preséntase Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure, publicada por Chiado Editora. No acto participan, xunto á autora, Eva Xanín, Rosa Enríquez, Ígor Lugris e Xurxo Nóvoa Martins.