Arquivo da categoría: Narrativa
Pontevedra: presentación de Cegoñas no fondo da ría, de Manuel Lourenzo González
Feira do Libro de Santiago: actividades do sábado 2, domingo 3 e luns 4 de maio
O
sábado 2 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para o sábado 2, domingo 3 e luns 4:
Sábado 2
– 19:00 h. Presentación do novo libro de Manuel Núñez Singala, Instrucións para tomar café, publicado en Galaxia. Estará acompañado por Arturo Ponte.
– 20:00 h. Concha Blanco e Dani Padrón asinarán exemplares de As pantuflas de Celia, na Libraría Pedreira.
– 20:00 h. Presentación de O faro escuro, de María López Sández, publicado en Galaxia. Acompañarán á autora Inma Otero e Víctor F. Freixanes.
Domingo 3
– 19:00 h. Encontro de Fantasía Galega, organizado polas editoriais Urco e Contos Estraños.
– 20:00 h. Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas, espectáculo baseado no seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.
Luns 4
– 19:00 h. Séchu Sende presenta A República das Palavras, publicada por Através. Xunto ao autor, participan no acto Miguel Penas, Elba Baldomir Turnes e Alba María.
A Coruña: presentación de Hostal Norte, de Xosé Duncan
Feira do Libro de Santiago: actividades do venres 1 de maio
O
venres 1 de maio comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:30 h. Pregón inaugural por Manuel Portas.
– 20:00 h. Manuel Portas asinará exemplares da súa obra Amor en alpargatas, publicada por Xerais.
Entrevista a Mario Caneiro no Diario Cultural da Radio Galega
Entrevista a Xabier Quiroga, autor de Zapatillas rotas
Entrevista a Ana Acuña e Diego Ameixeiras no Diario Cultural da Radio Galega
Entrevistas a Ana Acuña e Diego Ameixeiras en La Región
Ferrol: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
martes 28 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, terá lugar a presentación do libro Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicado en Xerais.


