O
mércores 26 de febreiro, ás 20:00 hroas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase Sete Caveiras, de Elena Gallego, publicado en Xerais. No acto participa a propia autora.
Arquivo da categoría: Narrativa
Lisboa: lançamento de O Crânio de Castelao
Elena Gallego: “Sempre me gustaron as novelas de misterio”
Desde
Xerais:
“Radio Allariz emitu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre Sete Caveiras. A entrevista pode escoitarse ou descargarse aquí en mp3.”
A Coruña: presentación de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila
O
venres 21 de febreiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel González Garcés) da Coruña, preséntase O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, publicado por Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Rubén Ruibal e Alberto Ramos.
Vigo: presentación de Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo
O
venres 21 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Gonzalo Navaza e Manuel Bragado.
Manuscritos: Uxía Casal
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica.
Betanzos: presentación de A lúa da colleita, de Anxos Sumai
Castro Ribeiras de Lea: presentación de A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo
O
luns 17 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea (terra natal do autor), terá lugar a presentación de A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, publicado en Xerais.
Compostela: charla sobre a literatura nórdica a cargo de Alejandro Tobar
O
martes 18 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría O Fogar das Palabras (Rúa dos Castiñeiros, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar unha charla sobre a literatura nórdica a cargo de Alejandro Tobar, responsábel da editorial Hugin e Munin, que presentará a novidade Mel de abellón, do sueco Torgny Lindgren.
A autoestrada do sur na nosa lingua no duplo aniversario de Cortázar
Desde
Sermos Galiza:
“O 12 de febreiro de hai trinta anos, morría Julio Cortázar en París. Trinta anos despois do seu pasamento e cando se conmemora o centenario do seu nacemento, a Editorial Trifolium publica en galego A autoestrada do Sur, en tradución de Francisco X. Fernández Naval. (…)
Cortázar, do que este ano se cumpre un duplo aniversario, visitou Galiza e tivo unha relación intensa co país, da man da galega Aurora Bernárdez coa que casaría en 1953.
O escritor Francisco X. Fernández Naval, tradutor do libro, é tamén autor de Respirar por el idioma. Los gallegos y Julio Cortázar, editado na Arxentina por Corregidor. Entre outros episodios que relacionan ao escritor con Galiza está o ter tido como editores a Lorenzo Varela e Luís Seoane e entrou en contacto tamén con exiliados como Rafael Dieste, domicilio arxentino no que o autor escribiu escribiu El examen“.



