Arquivo da categoría: Narrativa
Pontevedra: presentación de Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello
O
venres 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás de Pontevedra, preséntase Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, publicada por Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo, coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Editorial Galaxia, intervirán, xunto ao autor, Luís Bará e Carlos Lema.
Reportaxe posterior en Galaxia.
Entrevista a Fran Alonso en Zig zag
Ponteareas: presentación de Adelaida, de Artur Alonso Novelhe
Francisco X. Fernández Naval: “Houbo persoas que sandaron as súas feridas coa miña novela”
Desde
Xerais:
“O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela con Francisco X. Fernández Naval sobre a súa nova novela, A noite branca, que conta a historia dos galegos que participan na Segunda Guerra Mundial a través da División Azul. Para Francisco Fernández Naval, o personaxe da María Luísa, que aparece na fotografía da portada, foi o que o impulsou a escribir esta obra, onde ficción e non ficción se dan a man para crear un tecido literario intenso e longo. Así mesmo, na entrevista, o autor confesa que houbo persoas que leron a novela e que, grazas a ela, lograron sandar feridas persoais que mantiñan aínda abertas. A entrevista pode escoitarse ou descargarse aquí en mp3.”
Xavier Alcalá: “O castrismo mitificou Sierra Maestra sendo moito máis decisiva a loita urbana”
Entrevista
a Xavier Alcalá en Diario de Ferrol, desde Galaxia:
“- Diario de Ferrol (DF): Unha vez máis novela [Verde oliva] uns feitos cargados de historia.
– Xavier Alcalá (XA): Mantiven moitas entrevistas coa protagonista, Juana Maseda, e cheguei a un pacto para facer unha novela, cambiando nomes, pero os feitos son reais. O proceso é semellante ao que fixen sobre a triloxía sobre o movemento evanxélico en Galicia. (…)
– DF: Como foi esa loita urbana?
– XA: Investiguei a través de varias fontes e en Miami chegaron a darme un dato que pode ser esaxerado pero é significativo: as baixas de Batista en Sierra Maestra foron de 200 persoas, mentres que nas cidades foron de 20.000. O dato deumo en Miami Luis Conte Agüero, a quen nos anos da revolución Fidel chamaba “mi hermano Luis”. Logo ao castrismo interesoulle aumentar a importancia da loita nas montañas. (…)
– DF: Como está a ser a recepción de Verde oliva?
– XA: Extraordinaria. Teño que dicir que a novela está escrita en galego pero enseguida ma pediron para editar en castelán para libro electrónico e a Juana Maseda interesáballe que saíse tamén en castelán para que lle chegara a nova a Fidel. Tamén tivo repercusión en Puerto Rico, onde hai moitos revolucionarios cubanos. (…)”.
A Coruña: Manuel Rivas asina exemplares de As voces baixas
O
xoves 10 de xaneiro, a partir das 19:30 horas, na FNAC (Praza de Lugo, s/n) da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas, publicada en Xerais.
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, traducido ao coreano
Desde Xerais:
“A editorial Booklight acaba de publicar a tradución ao coreano de O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz.”
Ferrol: presentación de Verde oliva, de Xavier Alcalá
O
mércores 9 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32), preséntase Verde oliva, de Xavier Alcalá, publicada en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Víctor F. Freixanes e Alfredo Ferreiro, quen manterá unha conversa co autor.
Vídeos da presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, no Ateneo de Ribeira
Desde Xerais:
“Reproducimos os vídeos da presentación de novela Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, no Ateneo de Ribeira, este pasado 5 de xaneiro de 2013.”

