Arquivo da categoría: Poesía
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o sábado 30 e abril e domingo 1 de maio
Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o sábado 30 de abril:
– 18:00 h. Letras galegas, letras arxentinas. Con Xesús Alonso Montero e José Luis Moure. Stand.
– 20:00 h. Acto literario. Ramón Villares e Josefina Delgado presentan Advento, de Manuel María (Consello da Cultura Galega). Modera Luís González Tosar. Organiza Instituto Argentino de Cultura Gallega. Sala Jorge Luis Borges (Pavillón Frers).
E para o domingo 1 de maio:
– 11:00 h. Proxección de Contra a morte, unha aproximación a Lois Pereiro, dirixido por Alexandre Cancelo e Iago Martínez. Sala Gaumont.
– 18:00 h. Caligrafía da tormenta. Antoloxía, con Antón Lopo. Presenta Clara Gayo. Stand.
– 19:00 h. Presentación de Al sur del mundo, de Xavier Alcalá (Ézaro), tradución ao castelán de Alén da desventura (Galaxia). Stand.
– 20:00 h. Presentación de A memoria da choiva, de Pedro Feijoo (Xerais). Stand.
Entrevista a Gonzalo Hermo
Entrevista de Xosé Duncan a Gonzalo Hermo en Lermos:
“(…) – Lermos.gal (L): Como se consegue ter dous poemarios publicados e, segundo a Galipedia, cinco premios, dous deles por Celebración?
– Gonzalo Hermo (GH): Coido que é o tempo o que fai canónica unha obra e será o tempo o que diga se Celebración é un libro referencial no contexto da poesía galega ou soamente foguete dun día. Os premios teñen moito de continxentes e non hai que darlles excesiva importancia. Non hai dúbida de que son un mecanismo para ampliar o horizonte de lectores, e tamén unha das poucas entradas de diñeiro que temos os poetas, pero non creo que engadan valor a un libro.
– L: Pregúntoo porque na narrativa o habitual é a situación contraria, @ autor@ adoita ter moito publicado mais poucos certames gañados (agás excepcións) e non es @ primeir@ poeta que atopo cunha chea de premios e que, así e todo, lle custa moito publicar…
– GH: A escaseza de oferta editorial fai que moitas veces a posibilidade de publicar un libro de poesía en galego pase por gañar un premio. Esa dependencia de certames financiados por institucións non é exclusiva de Galicia; basta botar unha ollada ao noso redor para decatármonos de que os sistemas literarios veciños funcionan así en maior ou menor medida. Mais iso non sucede en todo o mundo. Hai pouco estiven en Córdoba, Arxentina, e alí existe unha ampla oferta de editoras independentes que publican poesía, moitas veces promovidas por poetas. A miña sensación é que en Galicia o camiño pode ser ese. Deixar de reclamarlles ás editoras asentadas que publiquen máis poesía e artellar unha alternativa editorial independente que dea cabida á produción de calidade que existe en galego. (…)
– L: Alén da dureza do realismo, deixas entrever algunha mensaxe política nos teus versos? E, se é así, é intencionado?
– GH: Cando se fala de poesía política dáme a impresión de que se tende a asumir unha visión moi restrinxida da noción de política. É máis político Longa noite de pedra, de Celso Emilio, ca Tempo de ría, de Xohana Torres? Sería interesante pescudar que hai de político naqueles libros onde o poeta non se esforza en facer gala dunha determinada ideoloxía porque se cadra levamos unha sorpresa.
– L: Nalgunha ocasión comentaches que Crac era a obra de alguén que comeza e que Celebración era unha evolución, máis madura. Cara a onde irá a túa poesía no futuro?
– GH: Non o sei. Dixen en varias entrevistas que tiña a impresión de que Celebración era o meu primeiro libro, no sentido de que a miña voz poética estaba aí e non tanto en Crac. Pero igual o tempo me desmente. Creo que non hai que facernos moito caso aos escritores cando facemos proxeccións sobre a nosa obra. Non digo que non teñan interese, porque manifestan un determinado estado de ánimo en relación á propia escrita, pero sería iluso pensar que podemos prever totalmente o que está por vir. (…)
– L: Como ves o panorama galego?
– GH: Levamos demasiados anos agardando a que Breogán desperte do seu sono e talvez sexa hora de darlle un chute de cafeína que o faga acordar de vez. Eu sempre son optimista.”
Vigo: presentación de Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro
O venres 29 de abril, ás 20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), de Vigo, terá lugar a presentación do libro Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Ramón Nicolás e Helena Pérez.
Pontevedra: presentación de Só… Poemas e outros asuntos, de Juan Carballo
Crónica videográfica da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2016 (II)
A Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria tivo lugar o sábado 19 de marzo na Casa do Saber do Concello de Lugo.
Esta é a crónica videográfica do acto, onde se recollen as seguintes intervencións:
– Primeira intervención musical de Eloi Mato, acordeonista.
– Entrega do Premio Mestra da Memoria a Dolores Macías Pose.
– Segunda intervención musical de Eloi Mato, acordeonista.
– Intervención de Matilde Vilariño.
Compostela: presentación de Masculino singular, de Carlos Negro
O xoves 28 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Masculino singular, de Carlos Negro, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Antía Otero e Fran Alonso.
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o xoves 28
Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o xoves 28 de abril:
– 16:15 h. Coloquio Da novela ao cómic: A nosa cinza. Con Francisco Castro e Xavier Alcalá. Espacio Zona Futura-Zona Dibujada.
– 17:00 h. Rosalía Iceberg. Ponencia poética con Yolanda Castaño. Stand.
– 18:00 h. Castelao en Arxentina. Coloquio con Víctor F. Freixanes e Xesús Alonso Montero. Stand.
– 20:00 h. Dragal, unha saga fantástica de tradición xacobea (Xerais). Presentación coa autora, Elena Gallego. Stand.
– 20:00 h. Eliseo Pulpeiro: as letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e Río da Prata) (Consello da Cultura Galega). Presentación do libro, con Ramón Villares e Sylvia Pulpeiro. Centro Galicia.
O poeta Carlos Negro publica Masculino singular
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Masculino singular, de Carlos Negro, plasma unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. A entrevista pode verse aquí.”