Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“(…) – Ramón Nicolás (RN): Posúe unha traxectoria literaria marcada por conseguir numerosos premios literarios. Unha opción para publicar?
– Carmen Caramés (CC): A primeira vez que me presentei a un certame buscaba o recoñecemento de alguén (que non fosen amizades e familiares) que me indicase que o que eu escribía tiña algún valor literario. Saíume ben e iso animoume a seguir probando sorte. O que máis me satisface dos premios é, sen dúbida, o feito de que xente de moi recoñecido prestixio no ámbito literario, como é a que adoita formar parte dos xurados, considere que eu teño algo que achegar e, certamente, tamén é a opción para autores e autoras descoñecidos coma min poidamos publicar pois é difícil que as editoras aposten por nós. (…)
– RN: Dos días escuros, premio Johán Carballeira, aborda os malos tratos como temática e coido que un asunto reiterado noutras obras da súa autoría. Por que?
– CC: Porque me quedan cousas por dicir, porque me proe a súa dor e quero ser, humildemente, a voz das que calan, das que perdoan máis de sete veces, das que non denuncian, das que non teñen alternativas.
– RN: O título fai referencia, daquela, a situacións derivadas da violencia machista?
– CC: O título quixo reflectir a escuridade, a sombra, o asedio, a soidade, a indefensión das vítimas.
– RN: O xurado apuntou a intensidade do poemario ata acadar finalmente a realidade. Por que esa estrutura?
– CC: Quizais porque pretende partir da mesma orixe, do inicio velado do maltrato pasando logo polo recoñecemento, a asunción e a reflexión ata chegar ao final presentido, un final que non será máis que “a crónica dun suceso lamentable á hora do xantar”. (…)”
Arquivo da categoría: Poesía
Lugo: recital de poesía e música Versos ao vento
Representacións de Acuario, con María Canosa e o Teatro dos Ghazafelhos
María Canosa
vai participar na representación da obra poético-teatral Acuario, xunto co Teatro Ghazafelhos, nas seguintes datas e horas:
– O luns 12 de maio, ás 11:00 horas, en Iria Flavia, Padrón, no Paraninfo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela.
– O xoves 15, ás 11:30 h. en Ferrol no Teatro Jofre.
– O venres 16, ás 12:00 h. no CEIP da Barqueira en Cerdido e ás 17:00 horas no Auditorio de Cedeira.
Lisboa: Nimbos de luz. Biopoética de Xosé María Díaz Castro, por Armando Requeixo
Lugo: presentación de Maria, de Eli Ríos
O
sábado 10 de maio, ás 12:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21, baixo) de Lugo, preséntase Maria, de Eli Ríos, publicado por O Figurante. No acto, xunto á autora, participa Alberte Momán.
Mecanoscritos: Luís Seoane
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
Santiago e Padrón: No camiño da lingua
Samertolameu, Meira, Moaña: recital poético de A porta verde do sétimo andar
Pontevedra: actividades do venres 9 na Feira do Libro
O
venres 9 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
– 19:00 h. A escritora Fina Casalderrey, asinará na caseta de Libraría Seijas.
– 19:00 h. O debuxante Luis Dávila asinará na caseta da Libraría Paz.
– 19:30 h. CEF o poeta da vida, na Feira do Libro de Pontevedra. Presentación do documental sobre Celso Emilio Ferreiro e coloquio. Participan no acto Luís Ferreiro, Plácido Romero e Aser Álvarez, director do documental.
– 20:00 h. A escritora Anxos Sumai asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Paz.





