O
sábado 13 de outubro, a partir das 17:00 horas no local da Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso), dentro dos actos enmarcados no Outono Pondaliano 2012, preséntase a escolma poética Versus. No acto participan Antón Borrazás, Miguel Queipo e Óscar de Souto, autores de parte dos textos recollidos no volume, e que recitarán algúns poemas dos incluídos no libro.
Arquivo da categoría: Poesía
O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede
“Xa
están na rede. Aquela brava agrupación de escritores costeiros, mozos e non tan novos, mariñeiros, estudantes, funcionarios, traballadores… teñen xa un espazo na internet que convirta en eternas e accesibles as súas creacións, no espazo oficial dentro do Finisterrae, onde xa podemos atopar a publicación dos 4 números publicados do boletín Feros Corvos e o libro comunitario Nós. E todo cando se cumpren 10 anos da publicación dun libro que ficará nas nosas memorias, que recuperamos agora a través da rede. Iremos recuperándoos en QPC boletín a boletín, nome a nome, para lembrar aos Marilar Alexandre, Suso Bahamonde, Pilar Beiro, Concha Blanco, Moncho Bouzas Tobío, Fernando Cabeza Quiles, Sesé Canirot, Ana Canosa Blanco, María Canosa Blanco, Xosé María Casais, David Creus, Estevo Creus, Modesto Fraga, Gus García, Rafa García, Víctor Manuel Gómez Traba, Mónica Góñez, Serxio Iglesias, María Lado, Tomás Lijó, José Luís Louzán, Abel Mendes Bujeiro, Xoán Alberte Moure Insua, Paulina Mouzo, Alexandre Nerium, Helena Pérez García, Marcos Seoane Vázquez, Paco Souto, Miro Villar e Rafa Villar.” Desde Que pasa na Costa, a foto é de Vieiros.
Vídeos da presentación de Iluminacións, de Arthur Rimbaud, en tradución de Xoán Abeleira, con François Davo e Manuel Rivas
Desde O levantador de minas.
Lugo: presentación de Mordida, de Eugénio Outeiro
A
cuarta feira, 10 de outubro, ás 19:00 horas, na sala de actos da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, preséntase Mordida, o último poemario de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participará Joseph Ghanime.
A Coruña: Penso que por min chamades, espectáculo poético, musical e visual
Santiago: presentación da Poesía completa de Valentín Paz-Andrade
O
mércores 10 de outubro, ás 19:00 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), en Santiago de Compostela, preséntase a Poesía completa, de Valentín Paz-Andrade, publicado en Xerais. No acto participan o Gregorio Ferreiro Fente, Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.
A Coruña: programación de Recendo, en CUAC FM
O
martes 9 de outubro, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, estará convidada Lucía Aldao, entre outros apartados. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.
Parlamento das Letras: Arturo Casas
Entrevista
de Armando Requeixo a Arturo Casas no seu blogue, Criticalia:
“- Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Arturo Casas (AC): Sóbralle preguiza intelectual e certa tendencia ecoica. Falta sentido crítico e autocrítico. Como en todas partes. (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– AC: O presente literario, cultural e artístico galego é prodixioso. Son dos que subscriben o xuízo de que, en termos sociolóxico-culturais, resulta difícil explicar que a situación persista así dadas as condicións sociopolíticas e económicas que o país experimenta e o rumbo xeral do consumo cultural no mundo. Existe un desaxuste obvio entre a Galiza actual e a Galiza posíbel, a que resiste na vontade dunha minoría culta, informada e politicamente consciente de algo tan sinxelo como que o futuro hai que pelexalo. No primordial, porque existen contraforzas que asumen un programa político dirixido a anular o que tanto esforzo levou erguer, desde unha industria cultural autónoma ao propio progreso na normalización lingüística; pero tamén porque a resposta a todo isto é insuficientemente intelixente e eficaz. (…)”
Santiago: recital Picaversos, Prohibidos
O
martes 9 de outubro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Prohibidos, coa participación de Rosa Enríquez, Ania González e García, de Dios ke te Crew. A entrada custa 2 euros.
A Coruña: recital de María do Cebreiro e Carlos Pardo no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
8 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño, cun recital de obra propia nun man a man de María do Cebreiro e Carlos Pardo.
