Desde Sermos Galiza:
“A escritora María Reimóndez é a gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, polo Concello de Vilalba e por Edicións Xerais.
Fóra do normal é o título da obra gañadora. O xurado destaca nela o tratamento da temática trans, dos personaxes e da banda deseñada como camiño de comprensión do mundo, así como o valor de contar con heroes á hora da superación do conflito.
O xurado estaba composto por Marica Campo, Manuel Bragado e Xabier Puente DoCampo.”
Arquivo da categoría: Premios Literatura Infantil
Bases do XI Certame Literario Terras de Chamoso
Bases do II Certame de Narración Breve Mestre Manuel Gacio
1.- Poderá participar calquera mozo/a matriculado en educación Primaria ou ESO, segundo as seguintes categorías:
A: Alumnos/as de Primaria
B: Alumnos/as de Secundaria
2.- En ambas categorías a extensión máxima será de 5.000 caracteres, espazos incluídos.
3.- Os textos versarán sobre o Pico sacro e deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e non premiados noutros concursos.
4.- Deben ser presentados por quintuplicado, en folio tamaño A4, entreliñado simple e tamaño de letra 12, paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e catro copias nun sobre no que figure título e lema da obra, no seu interior outro sobre con título e lema pechado e se enviarán nome do autor, fotocopia DNI, enderezo e número de teléfono.
5.- Os traballos deben ser enviados a:
Centro de interpretación Pico Sacro
Rúa Pedro Ballesteros nº 25
Cachosenande
15881 Lestedo
Boqueixón -A Coruña-
6.- Haberá dous premios por categoría, aínda que o xuri pode declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos.
Os premios serán:
Categoría A: Un fin de semana nun balneario de Galicia para o autor e dous familiares, para o primeiro premio.
O segundo premio un cheque por valor de 75 euros para libraría Lino de Lestedo.
Categoría B. Os mesmos que premios que na categoría A
7.- A data límite de entrega remata o 30 de novembro de 2017
8.- A composición do xuri darase a coñecer na páxina da asociación mestre Manuel Gacio.
9.- A asociación Mestre Manuel Gacio reservase o dereito de divulgación ou publicación dos textos premiados. Neste senso os autores renuncian a calquera compensación económica.
10.- Os traballos non premiados poden ser solicitados polos seus autores no prazo dun mes despois de publicarse o fallo do xuri. Aqueles non reclamados en prazo serán destruídos.
11.- O xuri e a asociación están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante algún imprevisto non recollido nas presentes bases.”
Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con Poemar o mar
Desde Xerais:
“O escritor Antonio García Teijeiro foi galardoado onte co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar o mar, publicado por Xerais. O xurado resaltou que o libro está «cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o grande protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas»
Poemar o mar é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con En la cuna del mar e Palabras do mar. Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel. En palabras de Rocío García Pedreira, «toda a obra poética de Teijeiro busca iniciar ao lectorado máis novo nos recursos formais básicos a través de temas que fomentan a reflexión crítica. Entre os seus versos recóllense homenaxes a outros poetas das tradicións literarias española e galega». (…)”
Bases do II Premio Xosé Neira Vilas de novela curta
Entrega de premios da VII edición do Concurso de relatos de inspiración científica “Inspiraciencia”
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, e que pretende ser un espazo aberto onde pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar a creación literaria como forma libre e persoal de achegamento ao pensamento científico e de explorar realidades antes non imaxinadas.
A AELG colabora ofertando prazas ás persoas gañadoras nos obradoiros da súa Escola de Escritores/as.
Entregáronse os premios do concurso Inspiraciencia no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, na Coruña, nun acto que contou coa participación especial da escritora Rosa Montero. O acto desenvolveuse ao fío do espectáculo “Creando pontes. Ciencia, escena e literatura”, cuxas escenas se intercalaban entre as entregas de premios. O espectáculo, da compañía Limiar Teatro, adaptou os relatos gañadores á linguaxe escénica a través da música, a narración oral e a manipulación de obxectos.
Foron sete premiados/as e oito finalistas nas categorías de relato adulto e xuvenil nos idiomas castelán, catalán, galego e eúscaro, seleccionados de entre as 637 obras presentadas a concurso, a participación máis alta conseguida até a data. O xurado tivo en conta a orixinalidade das propostas, a calidade literaria e o contido científico. A estes hai que engadir os dous premiados por decisión do público en base á votación popular..
“O químico“, un eloxio aos mestres/as da vida e da ciencia, de Xoán Martínez Gonzalez (Vigo), e “Gran de Pole” de Saioa Zozaya Fernández (Verín), que narra as singulares tribulacións dun gran de pole, son os relatos gañadores das categorías de relato adulto e mozo en galego, e recibirán unha praza nun dos obradoiros da Escola de Escritoras/es da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Foi finalista na categoría adulto/a “O profundo desacougo epistemolóxico“, de Daniel Baliñas Pérez (Barcelona); e os relatos finalistas na de mozas/os foron “Diario dunha testemuña universal“, de Iván Montenegro Vázquez (Chapela), e “Un novo amencer“, de Mario González Quintas (Vigo)
Todos os relatos premiados e finalistas en todas as linguas poden lerse na web de Inspiraciencia.
Inspiraciencia é unha iniciativa impulsada polo CSIC (concretamente, pola Delegación do CSIC en Cataluña) e conta co patrocinio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnoloxía. Entre as entidades que colaboran figuran: Escola d’Escriptura de l’Ateneu Barcelonès, Escuela de Escritores, Editorial Galaxia, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Associació d’Escriptores en Llengua catalana, Biblioteques de Barcelona, Xarxa de Biblioteques municipals de la Diputació de Barcelona, Euskal Etxea Centre cultural Barcelona, Mètode. Revista de Difusió de la Investigació de la Universitat de València, Fundazioa ElHuyar, Idazten. Idazle Eskola, Amigos de la Real Academia de Ciencias, ademais da Residència d’Investigadors (CSIC-Generalitat de Catalunya), La Casa Encendida de Madrid, o Museo Casa de la Ciencia de Sevilla e Bibliotecas públicas de Zaragoza e Vigo.
Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo González, Premios Xerais 2017
“Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 3 de xuño, anunciouse o ditame da XXXIVª edición do Premio Xerais de Novela, a IXª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.
Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón. Á velada asistiron trescentas persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, editoras, libreiras, críticas, bibliotecarias, profesoras e outras persoas colaboradoras da editorial. O acto foi emitido en directo por Internet.
Celia Torres, coordinadora e presentadora dos premios, abriu a velada, na que A banda dos cueiros se ocupou do apartado musical, lembrando con agarimo a figura do escritor Agustín Fernández Paz, a quen Xerais dedicou estes Premios Xerais 2017. Sinalou, despois, a importancia da continuidade dende hai tres décadas destes premios, nos que nesta edición de 2017 participaron 96 orixinais entre as tres modalidades de novela, literatura xuvenil e literatura infantil.
A seguir, a tradutora Isabel Soto presentou Un mundo de palabras, onde se recollen os traballos de Agustín Fernández Paz sobre o libro e o fomento da lectura. Como editora literaria deste libro, Isabel Soto sinalou que «nesta obra de Agustín Fernández Paz cúmprese á perfección o principio de que a lectura e a escritura son as dúas caras dunha mesma moeda, e de que todo escritor, antes de selo, é un lector.» (…)
O profesor e divulgador científico, Xurxo Mariño, autor de Terra. Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo (Xerais, 2017), actuou como mantedor literario da velada. No seu discurso, titulado «A pedra negra», defendeu a convivencia das humanidades e das ciencias experimentais como compoñentes dunha única cultura, reivindicando tanto o coñecemento humanístico para os como o coñecemento experimental para artistas, poetas e novelistas.
O xurado da XXXII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 35 obras, formado por María C. Alonso Seisdedos (licenciada en Filoloxía Hispánica e tradutora), Ana Domínguez Santomé (directora do CEIP Carlos Casares de Nigrán e adestradora de ximnasia rítmica), Mª del Carmen Ferreira Boo (doutora en Filoloxía Galega e profesora de lingua e literatura castelá no ensino secundario), Carlos González Rodríguez (libreiro na libraría Wells de Cangas), Lucía Cobo (ilustradora) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas «Fígaro», «Leriana», «Po estelar» e «Max».
Despois da súa última deliberación, acordou declarar por maioría como gañadora a obra presentada baixo o lema «Fígaro», que, despois de aberta a plica, resultou ser de María Canosa corresponde ao título «Muriel».
María Canosa confesou que «Muriel naceu da necesidade de dar voz á sinxeleza e complexidade simultánea de espir os sentimentos, ao calado, expresado en voz baixa. Do mesmo xeito que fala o amor, a ledicia e a tristura. Con Muriel quixera destacar tamén a combinación de fraxilidade e fortaleza dos que están tocados pola sensibilidade, os mesmos que se atreven a soñar e pintar un horizonte de cores. A amizade e unha sinxela botella de leite une a todos e cada un dos protagonistas, de diferentes xeracións e tamén entre humanos e animais. Non pretendo unha obra moralista, porque quero que os lectores gocen, como gozaba eu cando lía de pequena, converténdome en protagonista das historias. Mais quixera afondar na xustiza e a honestidade de maneira natural. A historia enfíase por medio da intriga, da curiosidade que esperta no protagonista, e envólvese de maxia e fantasía.»
O xurado da IX edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 19 obras, formado por Xabier Campos Villar (profesor de lingua e literatura no IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa e autor de libros de texto), Mar Montenegro Prado (profesora de lingua e literatura no IES Politécnico de Vigo), Yaiza Peixoto Sánchez (profesora de educación infantil no CEIP Serra-Vincios de Gondomar e Vicepresidenta de Espazo Lectura), Inés Fernández Prieto (alumna de 1º de bacharelato no IES Otero Pedrayo de Ourense), Manuel Loureiro Giráldez (alumno de 2º da ESO do IES Auga da Laxe de Gondomar e membro do Comando Le de Espazo Lectura) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas «Belinfante», «Ceiba de Luz» e «NS».
Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a obra presentada baixo o lema «Ceiba de Luz», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Manuel Lourenzo González e corresponde ao título «Ceiba de Luz».
Manuel Lourenzo González explicou que «a historia de Ceiba de Luz é a dunha expedición arqueolóxica formada por dezaoito persoas, estudantes e especialistas de distintos ámbitos, que emprende unha viaxe por unha rexión inexplorada da Amazonía peruana á procura dos restos dunha primitiva cultura. Mais algúns dos seus membros teñen obxectivos propios, que van da cobiza pirata duns ao delirio místico doutros, o que converterá a viaxe, nun medio descoñecido e moitas veces inhóspito, nunha mera loita pola supervivencia.»
«Ceiba de Luz é unha novela que encaixa no canon do relato de aventuras no eido da experiencia científica, polo que acae perfectamente ao universo de Verne que lle dá nome ao premio, cunha trama marcada pola intriga policial e cun achegamento ao fantástico lovecraftiano. Asemade, dexérgase un retrato da condición humana en situacións límite lonxe do paraugas protector da civilización.»
O xurado da XXXIV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren 42 obras, formado por Ana González Liste (xornalista), Marcos Lorenzo (xestor cultural), Diana Pastoriza (profesora de inglés da EOI e asesora TIC no CAFI), Lois Pérez Díaz (mestre e contador de historias),Afra Torrado (poeta e estudante de Belas Artes) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas «Bennu», «Caridad Verdet» e «Os días felices de Benvido Seixas».
Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Bennu», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Santiago Lopo e corresponde ao título «A arte de trobar».
Santiago Lopo declarou cando coñeceu que fora premiado que «A arte de trobar é unha novela que acontece no século XIII. Nela, unha troupe de artistas procedentes de Galicia percorre os camiños dunha Europa inmersa en duras loitas de poder. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galaico-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Realizada con sumo rigor histórico, a obra posúe unha trama con grandes doses de intriga e constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, escrita en follas de pergamiño á beira do mar.»
Pechou o acto Manuel Bragado, director da editorial, que agradeceu a axuda proporcionada pola Consellaría de Cultura e Educación na celebración da cerimonia. Agradeceu o traballo das persoas do xurado e parabenizou á gañadora e gañadores que expresan o dinamismo e a vontade de renovación constante da literatura galega.”
Gañadores do II Certame Literario Cantabile
O sábado 13 de maio reuníronse no local do coro os membros do xurado do II Certame Literario Cantabile. O tribunal estaba formado por:
– Tito Pérez, escritor
– Roberto Samartim, profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
– Dores Tembrás, escritora
Os integrantes desta mesa acordaron o seguinte veredicto:
Categoría A
Modalidade de poesía:
1º Premio: “Bando de Borboleta”, de Raquel Cernadas Varela.
Modalidade de microrrelato:
O premio fica deserto por non presentarse ningún traballo nesta modalidade.
Categoría B
Os premios fican desertos por non presentarse ningún traballo en ningunha das dúas modalidades.
Categoría C
Modalidade de poesía:
1º Premio: “Osíxeno”, de Miguel Ángel Fernández García.
Modalidade de microrrelato:
1º Premio: “De costas”, de Adrián Gil Fernández.
O día 27 de maio será a entrega de premios, ás 19:30 na igrexa das Capuchinas da Coruña. Nesta tarde, escoitaremos os textos premiados lidos polos seus autores e autora, e intervirá o Coro Cantabile.
Música e literatura estarán unidas nunha causa solidaria: os donativos asociados a cada participación no concurso serán entregados á Cociña Económica e ademais recolleranse alimentos, tamén para esta institución.”
Finalistas dos Xerais 2017
Desde Xerais:
“Tras un xantar no Castelo de Soutomaior, os tres xurados dos Premios Xerais 2017 declararon as obras finalistas.
O xurado da XXXIV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren 42 obras, formado por Ana González Liste (xornalista), Marcos Lorenzo (xestor cultural), Diana Pastoriza (profesora de inglés da EOI e asesora TIC no CAFI), Lois Pérez Díaz (mestre e contador de historias), Afra Torrado (poeta e estudante de Belas Artes) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas «Bennu», «Caridad Verdet» e «Os días felices de Benvido Seixas».
O xurado da IX edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 19 obras, formado por Xabier Campos Villar (profesor de lingua e literatura no IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa e autor de libros de texto), Mar Montenegro Prado (profesora de lingua e literatura no IES Politécnico de Vigo), Yaiza Peixoto Sánchez (profesora de educación infantil no CEIP Serra-Vincios de Gondomar e Vicepresidenta de Espazo Lectura) Inés Fernández Prieto (alumna de 1º de bacharelato no IES Otero Pedrayo de Ourense), Manuel Loureiro Giráldez (alumno de 2º da ESO do IES Auga da Laxe de Gondomar e membro do Comando Le de Espazo Lectura) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas «Belinfante», «Ceiba de Luz» e «NS».
O xurado da XXXII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 35 obras, formado por María C. Alonso Seisdedos (licenciada en Filoloxía Hispánica e tradutora), Ana Domínguez Santomé (directora do CEIP Carlos Casares de Nigrán e adestradora de ximnasia rítmica), Mª del Carmen Ferreira Boo (doutora en Filoloxía Galega e profesora de lingua e literatura castelá no ensino secundario), Carlos González Rodríguez (libreiro na libraría Wells de Cangas), Lucía Cobo (ilustradora) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas «Fígaro», «Leriana», «Po estelar» e «Max».
Os xurados determinarán as obras gañadoras o sábado 3 de xuño, día no que se celebrará a festa dos premios na illa de San Simón.”
Prémios Literários do Facho 2017
“A Agrupaçom Cultural O Facho tem a bem de informar das Resoluçons dos Concursos Literários convocados para o ano 2017.
Concurso de Contos de nenos para nenos
Premios da Categoría A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):
Primeiro prémio: “A árbore das bolboretas” de Andrea Ramos Casal. Aluna do C.E.I.P Plurilingüe de Tarrío, Culleredo (Corunha)
Segundo prémio: “Misterio no colexio” de Antía Mouriño García. Aluna do Colegio Ándersen de Valadares (Vigo)
Premios da categoría B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos):
Primeiro prémio: “A traxedia deste mundo” de Ana Barros Fernández. Aluna do CPR La Inmaculada, Marín (Pontevedra)
Segundo prémio: Deserto.
Concurso de Poesia
Prémio “Cristal de bágoas”. Autor: Daniel Irimia Yáñez.
Concurso de Teatro Infantil
Prémio: “Teatro para brincar no Natal. Autora: Irene Veiga Durán.
O acto de entrega de prémios celebrara-se em:
Dia: 26 de Maio do 2017 – Hora: 7:30 do serám.
Local: Portas Ártabras. Rua Sinagoga 22
Cidade Velha – Corunha
Corunha, 17 de Maio do 2017
J. Alberte Corral Iglesias
Presidente d’O Facho