Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Berta Dávila: “Certo tipo de queixa é unha resignación, unha maneira de acomodarse”
Entrevista de Mar Mato a Berta Dávila en Faro de Vigo:
“(…) – Faro de Vigo (FV): No arranque do libro [A ferida imaxinaria], o primeiro personaxe, unha muller, logra dous peixes cos que sente que é “esencial para a supervivencia doutros”. É iso fundamental para nós?
– Berta Dávila (BD): As persoas vivimos inevitablemente conectadas e necesitámonos unhas a outras. Estes personaxes, aparentemente solitarios, tratan de apartarse de algo pero acaban tropezando con outra cousa, con outros personaxes cos que xorde un momento de epifanía no que lle dan consolo.
– FV: O personaxe nunha novela debe ser sempre unha ‘pequena anomalía’ para atrapar o lector?
– BD: Para min, o necesario é que no principio do libro estea nun lugar. Non quero dicir só que sexa físico, tamén emocional e da súa vida; e que no final do seu percorrido estea noutro sitio. Iso, o arco que percorre, é o que fai que me atrape ese personaxe. Non ten que pasar pola anomalía; pode ser algo máis sutil.
– FV: Nun momento do libro, sinala que a arquitectura pode exercer forzas misteriosas sobre as persoas, que as casas poden exercer a tristura na xente.
– BD: Ese é un pensamento moi forte dun dos personaxes que está nunha casa de cristal. Os lugares onde vivimos, onde traballamos, conforman como somos, o que facemos e tamén o que nos podemos permitir soñar ser.Ese contexto dos personaxes di moito das súas feridas e do xeito de afrontalas.
– FV: Considera que cando unha casa se abandona a desgraza non tarda en chegar?
– BD: Ten moito que ver coa idea de estarmos conectadas. Unha casa non é unha casa soa, senón que está nunha comunidade. Ten que ver coa idea de pertenza. Ser dono dunha casa nunha aldea non significa que esa vivenda che pertenza porque pertence á comunidade e configura o lugar. (…)”
Vigo: presentación de Os vagalumes de Marí, de Alba Míguez e Damián Gómez
Monforte: presentación de mapa.gal, de Eva Teixeiro
Finalmente só terá lugar a presentación de mapa.gal, de Eva Teixeiro.
Allariz: presentación de Alma de grilo, de María García
Vigo: presentación e contacontos de Maruchi e o gancho, de Laura Cid Rascado
Compostela: presentación de O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao, de Anxo Rabuñal
A Coruña: presentación de Outra Volta de Rodicio, con Ricardo Seixo
O 15 de febreiro, ás 19:30 h, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase o poemario Outra volta de rodicio, de Ricardo Seixo. No acto, xunto ao autor, estarán presentes Moncho Branco, autor do limiar do libro, o ilustrador Abraham Vila, e o Colectivo “Gosto de vivir a poesía” e o Grupo Maraxe. As persoas interesadas en asistir á presentación poden inscribirse aquí.