Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Pacios, Castro de Rei: presentación de O mundo nun puño de remol, de Xosé Crecente Vega
O próximo 3 de xuño ás 18:00 h, coincidindo coa celebración dos 125 anos do nacemento de Xosé Crecente Vega, organízase a presentación do libro O mundo nun puño de remol, publicado pola editorial Espiral Maior a iniciativa Comisión Crecente Vega e co apoio do Concello de Castro de Rei. O acto terá lugar en Castro de Rei, no entorno do Carballo de Luxís, parroquia de Pacios.
O programa indicativo é o seguinte.
18:00 h – 18:05 h Apertura a cargo do Alcalde de Castro de Rei.
18:05 h – 18:15 h Intervención dun representante da Comisión Crecente Vega.
18:15 h – 18:20 h Intervención Musical
18:20 h – 18:30 h Intervención do editor do libro.
18:30 h – 18:40 h Intervención do Presidente da Real Academia Galega.
18:40 h – 18:45 h Intervención Musical
18:45 h – 18:55 h Intervención do Conselleiro de Cultura.
18:55 h – 19:00 h Peche a cargo do Alcalde de Castro de Rei.
19:00 h – 19:05 h Voz e guitarra. Cantar do muíño, Eladio Santos, de Eladio y los Seres Queridos.
Ourense: actividades destacadas do 2 de xuño na Feira do Libro 2021
Sober: presentación de nós outras, de Marica Campo e Menchu Lamas
Desde Chan da Pólvora:
“Marica Campo, autora dos poemas de nós outras, estará o 1 de xuño no Centro Sociocultural de Sober para presentar este volume, editado por Chan da Pólvora con imaxes de Menchu Lamas. Será nun acto, organizado a partir das 19:30 horas, no que estará acompañada por Antón Lopo, director do selo editorial. (…)