O
venres 16 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Numax (Rúa Concepción Arenal, 9, baixo), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do micropoemario Auga a través, de Dores Tembrás, nun acto que contará coa presenza da autora acompañada de Antía Otero, da editorial Apiario. Xunto a elas, os cineastas Luís Avilés e César Souto falarán sobre a vinculación co seu filme Os días afogados, que será estreado ás 22:00 h.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Chapela, Redondela: presentación de A rotura das paisaxes, de Xesús Constela
Compostela: presentación de Galería de saldos, de Diego Giráldez
Guitiriz: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas
Compostela: velada poética con Lala Blay e Estevo Creus
O
sábado 10 de setembro, a partir das 20:00 horas, na Novaniké (Ruela de Xerusalén, 4), en Santiago de Compostela, terá lugar unha velada poética coa presenza de Lala Blay, chegada de Barcelona, e Estevo Creus Andrade. O acto vai ser presentado por Eduard Velasco.
Betanzos: presentación de Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira
A Coruña: presentación de Mecanismo de Emergência, de Tiago Alves Costa
Bertamiráns: presentación de Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva
Guitiriz: presentación de Máscaras de espellos, de Raúl Gómez Pato
O
mércores 7 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa Habanera (Rúa do Concello, 42), en Guitiriz, Raúl Gómez Pato presenta o libro Máscaras de espellos, gañador do I Premio de poesía Xosé María Díaz Castro, publicado por Edicións Espiral Maior. No acto participan, xunto ao autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Luís González Tosar.





