Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Marín: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
Ribeira: presentación de Un asasino felizmente casado, de Fidel Vidal
Sigüeiro (Oroso): presentación de Lourenço, Xograr, de Manuel Portas
A Coruña: presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
Gondomar: acto conmemorativo do pasamento de Victoriano Taibo, presentación da obra inédita Contos Pequenos
O
venres 18 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula Ponte das Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoranos organiza un acto conmemorativo do cincuentenario do pasamento de Victoriano Taibo, que servirá para dar noticia do proxecto de publicación dunha nova obra que o mestre de Morgadáns deixou inédita: Contos Pequenos, un opúsculo que lle regalou a Hixinio, fillo dos seus amigos Antón Beiras e Antía Cal. Participarán no acto Xesús Alonso Montero, Gonzalo Navaza, Camiño Noia e Armando Requeixo.
No mesmo acto será convocado o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, rescatado da súa máis que posible extinción polo concello de Gondomar, que asume integramente a dotación do premio e os demais gastos de xestión.
Betanzos: presentación do libro Plis Pages/Pregos Páxina, de Anne Heyvaert, con Gustavo Pernas e María Prada
Ferrol: presentación de Diários, de Carlos Calvo Varela
Vigo: presentación de Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo
A Coruña: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O
xoves 17 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, participan, xunto ao autor do estudo crítico da obra, Pepe Barro e Dores Tembrás.







