Vila Real, Portugal: presentación de Manual de Saudades, de Xavier Frías Conde

OXavier Frías Conde sábado 6 de decembro, sobre as 21:00 horas, no Traga-Mundos (Rúa Miguel Bombarda, 24–26–28), en Vila Real, Portugal, preséntase o libro Manual de Saudades, de Xavier Frías Conde, dentro do Festival 6 Continentes. No acto, xunto ao autor, participa Marília Miranda Lopes.

Ferrol: presentación de Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, e Da Vida Conclusa, de Mário Herrero

A10394460_791372177589083_7227093568673205035_n sexta feira 5 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travesa de Batallóns, 7), en Esteiro, Ferrol, preséntanse Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, accésit do VIII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, e Da Vida Conclusa, de Mário Herrero Valeiro, II Prémio de Poesía O Figurante.

A Coruña: presentación de Galiza, um Povo Sentimental?, de Helena Miguélez-Carballeira

AHelena Míguez Carballeira Galiza um Povo Sentimental? sexta-feira, 5 de decembro, ás 20:00 horas, na Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4, baixo) da Coruña, preséntase Galiza, um Povo Sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira, publicada por Através, editado orixinalmente en inglés, con tradución de Fernando Vásquez Corredoira. No acto, xunto á autora, participa Alberto Lema.