Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ribadavia: presentación de Lembranzas de Malpica, de Xosé González Reyes
Boiro: presentación de A ferida do vento, de Antón Riveiro Coello
Cambados: presentación de O camiño da Estadea, de Ramón Caride
Bertamiráns: presentación de Lourenço, Xograr, de Manuel Portas
Compostela: presentación de Desescribindo, de Marilar Aleixandre
O
xoves 24 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), Marilar Aleixandre presenta o seu novo poemario, Desescribindo, publicado por Apiario. No acto, xunto á autora, participan a poeta e editora Antía Otero e a crítica literaria Chus Nogueira.
Vigo: presentación de A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias
A
quinta feira 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, preséntase A Pena do Vigia, de José Alberte Corral Iglesias, publicado por Guímaro Editora. No acto, o autor estará acompañado por Carlos Garrido.
Compostela: presentación de Protexer o invisible, de Xaime Toxo
O
xoves 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa San Pedro, 74), terá lugar a presentación do libro de narrativa Protexer o invisible, de Xaime Toxo, publicado pola Editorial Ancoradouro. No acto participan, xunto ao autor, Bieito Iglesias e Antón Sobral.
Compostela: presentación de O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales
O
mércores, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales, publicada por Xerais. Acompañarán ao autor Armando Requeixo e Manuel Bragado.
Rodeira publica un libro póstumo de Fernández Paz, A casa do medo
Desde
Sermos Galiza:
“Trátase dunha novela curta de misterio que el deixou lista para editar, mesmo a portada foi elixida por el, tal e como nos contan desde a editora. A casa do medo é unha cabana que lles pon os pelos de punta aos mozos e mozas de Valverde. No libro, que vén de publicarse en galego e en español, cóntase a historia dun mozo que marchou pero que ten que volver de novo á súa vila natal despois de moitos anos. A partir de aí acontece de todo: leis máxicas, portas que non se abren, bosques malditos e a valentía do rapaz que só vai armado cun amuleto.
Logo do seu pasamento en xullo, Fernández Paz sorprende cunha entrega non agardada destinada ao público xuvenil que foi presentada o venres 18 de novembro no Fogar de Santa Margarita na Coruña, o primeiro colexio no que comezou a exercer a docencia. No acto participou a familia do escritor (a filla e a súa ex muller), a escritora Fina Casalderrey, a súa tradutora Isabel Soto e a editora de Rodeira, María Xesús Gómez. Ademais, inaugurouse unha placa co seu nome na biblioteca do centro escolar. (…)”




